deXte: deportes e experiencias educativas

Educación Física e Ciclos no IES Sánchez Cantón de Pontevedra

Rego de Louriñas

Posted by Fra M. en 29 May, 2023

O rego de Louriñas discurre case paralelo á autopista do Atlántico a súa entrada en Pontevedra entre A Almuiña e A Torre, rematando na Lagoa situada entre Cocheras e o Pontemuiños. O rego cruza baixo a autopista AP9 a través dun tunel que é transitable incluso en bicicleta.

Bordeando o río discurre un camiño dentro do que se denomina zona de servidumbre, que son os 5 primeiros metros a cada lado do río do que se denomina según a normativa a «Zona de Policía». O camiño estaba pechado nalgúns puntos, pero a través da limpeza das zarzas e a retirada dalgunhas ramas caidas, actualmente atópase despexado xa que ao abrirse a xente volveu a utilizalo. De cando en vez cae algunha árbore, pero xa nos vamos acostumando a buscar unha nova saída. En ocasións aparece algunha rama tapando a entrada do camiño ou obstaculizando o paso nalgunha parte do mesmo e quen sabe para qué…

Nos últimos días de decembro do 2022 e debido a climatoloxía, caeu un roble enorme que actualmente interrumpe o paso na zona que eu lle chamo a charca dos xabaríns. Ao chegar á carretera o camiño segue pegado ao río cara o seu nacemento, pero hai zonas con moita zarza que precisarían unha actuación institucional por parte do órgano competente e retirar a basoira e restos de moquetas existentes e outros residuos que deberían depositarse nun punto limpo.

Existe un primeiro muiño que precisa restauración, o seguinte, o situado na zona da Almuiña está practicamente desmontado. Neste ligazón podedes ver máis información sobre os muiños da zona. O camiño é fácil e desde él podese ver a autopista e as torres de alta tensión que discurren de xeito paralelo ao río. Hai menos dun ano con motivo da limpeza da zona das torres realizouse unha talada que afectou ás árbores do río. E importante que esto non volva a ocurrir, xa que a vexetación á veira dos ríos está protexida. Tamén habería que resaltar que existe un vertedoiro xa antigo, ainda que periódicamente alguén o sigue utilizando e en algunhas zonas pegado ao camiño afloran cousas tiradas. Esto produce unha sensación de abandono, que supoño será responsabilidade de algún organismo con competencias…osexa que alguén cobra por mirar por esta zona… O que non sei e quen é, pero un ano destes eime de enterar e eille de deixar pagado un café, que todo isto hai que tomalo con humor. Seguindo co meu informe sobre a zona, decir que hai zonas pechadas ou con reixas de alame que invaden a zona de servidumbre e peches das casas que tamén o fan impedindo o paso por unha das veiras do río. Os organismos competentes están informados, así que si non actúan será porque non teñen tempo ou terán cousas máis importantes das que se preocupar. Irei achegando imaxes e videos nesta entrada.

Ruta subida a wikilok: https://es.wikiloc.com/rutas-plogging/rego-de-lourinas-63725146. Moito do que aparece nas fotos da ruta xa foi recollido pola administración, pero non todo.

Interesantes iniciativas:

https://pontevedraviva.com/xeral/20511/rego-lourinas-salcedo-poleo-sabugueiros-manzanillas/?lang=gl

https://pontevedraviva.com/xeral/20511/rego-lourinas-salcedo-poleo-sabugueiros-manzanillas/?lang=es

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/pontevedra/2015/06/04/alumnos-escuela-capataces-inspeccionan-rego-lourinas/0003_201506P4C5993.htm

Para saber máis: http://www.xoanarcodavella.com/2015/06/muino-de-torre-salcedo.html?spref=pi

Deja un comentario