deXte: deportes e experiencias educativas

Bitácora do PDC do IES Sánchez Cantón de Pontevedra

Archive for 26 noviembre 2013

Bádminton PDC: partido exhibición 25/11/2013

Posted by Paco Carral en 26 noviembre, 2013

IMG_0528Desenvolveuse o luns 25/11/13, as 11. 30 h. dentro do Programa Deportivo de Centro 2013-14 un partido de Bádminton exhibición no pabellón. Na exhibición participaron por invitación do profesor do Módulo de Deportes de Implemento Angel Gómez García as xogadoras: Eva Murio Moure, alumna do noso centro e Sara Bouzas Rico, estudiante de CCAAFF no INEF de Pontevedra. Agradecer a participación das excelentes xogadoras que amosaron un excelente nivel de xogo. Asistiu o alumnado de TSAAFD e o alumnado participante no taller de bádminton do PDC. Leer el resto de esta entrada »

Posted in Bádminton, Educación Física, PDC 13-14, TSAAFD | Leave a Comment »

Bádminton PDC: adestramento do remate

Posted by Paco Carral en 25 noviembre, 2013

Estos dias no recreo dentro das actividades do PDC (programa deportivo de centro) implantado neste curso 2013-14, observamos os profes que o remate e un dos golpes que máis difícil resulta para todos. Aquí tendes este exemplo de exercicio de adestramento para o remate que podemos realizar para a nosa mellora. Fixádevos como realizan o golpeo e o máis importante:  o momento axeitado para facelo.

Posted in Actitudes, Bádminton, PDC 13-14, recreos deportivos | Etiquetado: , , , , | Leave a Comment »

Bádminton PDC: golpes básicos

Posted by Paco Carral en 20 noviembre, 2013

Dentro da actividade do Programa Deportivo de Centro a desenvolver este ano, iniciamos unha serie de entradas no blog sobre este deporte que tanto éxito está a ter a nivel interno nas actividades do recreo. Vos propoñemos visualizar este video sobre iniciación ó bádminton donde poderedes ver en primeiro lugar como agarrar a raqueta e a continuación unha serie de secuencias donde se vos explican os distintos golpes básicos en bádminton: serve shot (saque alto, saque curto de dereito e de revés, saque flick de dereito e de revés), Clear, drop, smash, drive, lifting shot e backhand shot (golpe de revés). Vos deixamos co video, esperamos que vos sexa útil.

Posted in Bádminton, PDC | Etiquetado: , , | Leave a Comment »