deXte: deportes e experiencias educativas

Bitácora do PDC do IES Sánchez Cantón de Pontevedra

Archive for 9 abril 2014

PDC: Sesión de Zumba no Pabellón: 11/4/14

Posted by Paco Carral en 9 abril, 2014

2014-04-09 12.02.32

A sesión de Zumba foi a de máxima participación dende o inicio do curso, contando coa participación de alumnas e alumnos de todos os cursos. O Zumba é unha especialidade en auxe actualmente e na que se combinan aspectos tan importantes como o ritmo, a coordinación e a resistencia. A nosa alumna de 1º TSAAFD Carla novoa é Técnico oficial desta disciplina, contando coa colaboración da nosa alumna de 2º bacharelato Fatima Constenla Goldar.

Posted in PDC | Etiquetado: | Leave a Comment »

PDC: Charla – taller con Pradosurf o luns 7/4/2014

Posted by Paco Carral en 7 abril, 2014

 

2014-04-07 11.44.15

O taller contou coa participación dun grupo de alumnas e alumnos do centro que atenderon ás explicacións dos técnicos de Pradosurf.
O surf é unha especialidade en auxe actualmente e na que se combinan aspectos tan importantes como o equilibrio, a coordinación e a percepción de sensacións de deslizamento no medio acuático moi gratificantes. O lugar no que practicarán os que se animen a probar a oferta plantexada por esta empresa será a praia de A Lanzada. Esperemos que no seu bautismo de surf conten cunha boa metereoloxía.

Enlace a unha presentación  multimedia da actividade

Posted in Actividades en la naturaleza, PDC | Etiquetado: | Leave a Comment »

PDC: Partidos de floorball

Posted by enriquereyrodriguez en 1 abril, 2014

WP_20140530_005

 

 

Estes días comezamos a practicar Floorbal nos torneos escolares. Como non é un deporte moi coñecido polos nosos escolares non hai moitos equipos apuntados polo que os nosos colaboradores de 1º Bach. decidiron comezar cuns “partidos amigables” para que a xente se vaia familiarizando con el e as súas normas y para ver si así se apunta algún equipo máis.

Tamén decidimos modificar as dimensións do terreo de xogo e máis algunha que outra norma para que os rapaces podan xogar o maior número de partidos e collan facilmente as técnicas específicas deste deporte.

Se querer coñecer algo máis sobre este deporte aquí te deixamos un enlace a páxina da Asociación Española de Floorbal e máis un video dos mellores momentos do campionato mundial de 2013.

Posted in Educación Física, PDC | Leave a Comment »