deXte: deportes e experiencias educativas

Bitácora do PDC do IES Sánchez Cantón de Pontevedra

Archive for the ‘PDC 13-14’ Category

PDC: FINAL FÚTBOL SALA “PEQUENOS”

Posted by enriquereyrodriguez en 24 junio, 2014

 

2014-06-20 11.54.26

O pasado día 20, coincidindo co final de curso, os alumnos participantes no torneo de fútbol sala na categoría de 1º, 2º e 3º da ESO plantexaron a posibilidade de celebrar a final durante o recreo coa presenza das súas clases e todos aqueles que quixeran asistir.

O partido foi disputado polos equipos de “Los Palomos” de 2º A  e “Los Gurilas” de 3º B resultando gañadores estes últimos por un tanteo de 5 a 2, se ben o gañador foi o de menos sendo o verdadeiro vencedor o ambiente reinante na bancada máis o espectáculo e a deportividade vistos no campo.

Cabe resaltar que o partido rematou cun abrazo entre os disputantes e unha fotografía conxunta para inmortalizar o momento.

 

Posted in Educación Física, PDC, PDC 13-14 | Leave a Comment »

Bádminton PDC: partido exhibición 25/11/2013

Posted by Paco Carral en 26 noviembre, 2013

IMG_0528Desenvolveuse o luns 25/11/13, as 11. 30 h. dentro do Programa Deportivo de Centro 2013-14 un partido de Bádminton exhibición no pabellón. Na exhibición participaron por invitación do profesor do Módulo de Deportes de Implemento Angel Gómez García as xogadoras: Eva Murio Moure, alumna do noso centro e Sara Bouzas Rico, estudiante de CCAAFF no INEF de Pontevedra. Agradecer a participación das excelentes xogadoras que amosaron un excelente nivel de xogo. Asistiu o alumnado de TSAAFD e o alumnado participante no taller de bádminton do PDC. Leer el resto de esta entrada »

Posted in Bádminton, Educación Física, PDC 13-14, TSAAFD | Leave a Comment »

Bádminton PDC: adestramento do remate

Posted by Paco Carral en 25 noviembre, 2013

Estos dias no recreo dentro das actividades do PDC (programa deportivo de centro) implantado neste curso 2013-14, observamos os profes que o remate e un dos golpes que máis difícil resulta para todos. Aquí tendes este exemplo de exercicio de adestramento para o remate que podemos realizar para a nosa mellora. Fixádevos como realizan o golpeo e o máis importante:  o momento axeitado para facelo.

Posted in Actitudes, Bádminton, PDC 13-14, recreos deportivos | Etiquetado: , , , , | Leave a Comment »