deXte: deportes e experiencias educativas

Bitácora do PDC do IES Sánchez Cantón de Pontevedra

PDC 17/18

Entre esta páxina do blog e a web de xestión de actividades do insti, levamos constancia de toda a información do 5º Proxecto deportivo de centro que o IES Sánchez Cantón desenvolve  este ano 2017/18, ainda que este ano xa fora do Plan Proxecta. Continuaremos na medida das nosas posibilidades e da colaboración que recibamos, coa reseña de actividades e edición das páxinas web específicas do PDC e Liga de Fútbol sala.

Creemos que a idea inicial do Proxecta pode funcionar, pero botamos en falta como xa solicitamos e fixemos constar nas memorias correspondentes enviadas ao remate de cada ano, un maior recoñecemento a nivel formativo  en horas, e unha dotación presupuestaria das actividades.

Na conta de facebook ies.sanchez.canton@gmail.com publicaremos as galerías das distintas actividades do centro e tamén as reportaxes gráficas realizadas con motivo das actividades do PDC e no canle de Youtube do centro subiremos algúns videos das distintas actividades.

O alumnado interesado en participar nas actividades accede ao pabellón en horario de recreo, inscribíndose nos prazos que abrimos para as distintas actividades que así o requiren ( ligas e torneos). As actividades céntranse fundamentalmente no horario de recreo: 11.30 – 12.00 h, ainda que en determinados momentos do curso desenvolvemos actividades que abarcan un horario máis amplo con motivo do término das actividades lectivas de cada trimestre, fin de curso e datas puntuais en función da colaboración do profesorado e alumnado.

A iniciativa destas actividades ven do Departamento de Educación Física, ainda que traballamos tamén moi a menudo en coordinación co Grupo de Teatro, GNL, Biblioteca e outros departamentos no desenvolvemento de programas de actividades puntuais que buscan ofertar actividades que permitan a participación do alumnado de todo o centro cunha distribución de actividades no paraninfo, pabellón, patio e biblioteca.

O acceso as actividades é libre, salvo as que se programan puntualmente para un determinado nivel educativo ou calendario específico de datas. O alumnado debe cumprir a normativa do Dto de Ed. Física, a de NOF e utilizar calzado deportivo, sendo tamén aconsellable o uso de indumentaria deportiva e seguir as indicacións do profesorado.

Agradecer a Xefatura de Estudios do Sánchez a asignación do profesorado de garda ao pabellón para cada recreo, o que posibilita de xeito efectivo o desenvolvemento deste programa durante todo o curso escolar.

Agradecer este ano a implicación dos compañeiros: Agradecer a colaboración este ano dos profesores de Ed. Física Anxo, Alexandre, Marta e Josevi,  que asumen as gardas de recreo 17/18 durante este curso escolar así como a colaboración do alumnado do ciclo TSAAFD no desenvolvemento de distintas actividades puntuais  así como as  xornadas de peche de trimestre que poidan desenvolverse .

A continuación engadimos uns enlaces á nosa aula virtual donde se detallan os obxectivos fixados en xeral para as actividades deportivas no noso centro e que facemos extensivas dentro do PDC deste ano, así como a normativa de participación enmarcada no NOF  centro.

Para a reseña das actividades e publicación xeral de información, utilizamos o blog deXte, “deportes y experiencias educativas”  que administra o que suscribe estas liñas, actualmente dende a Vicedirección do IES Sánchez Cantón, estando como editores tamén o profesorado implicado no PDC deste ano, incluindo algunhas entradas específicas das distintas actividades desenvoltas. Todas as entradas referidas ao PDC 17/18 están categorizadas, así como as entradas das distintas actividades.

Agradecer aos nosos editores as súas colaboracións nas entradas incluidas neste blog e a coordinación do noso compañeiro e Xefe de Departamento Telmo Silva Alonso, así como a colaboración de todo o noso equipo Directivo do Sánchez : Eladio Otero López, Ana Martínez Fernández, Rocio Viéites Rey e Antonio Rey Sorribas, poñendo os medios necesarios e colaborando sempre que o precisamos. Tamén queremos agradecer especialmente a labor da Anpa O Verxel polas súas axudas económicas, premios para as distintas ligas e adquisicións materiais para actividades e demáis. Sempre colaboran e atenden as nosas solicitudes na medida das súas posibilidades.

Anuncios
 
A %d blogueros les gusta esto: