A partires das 12.00 h e ata as 13.30 h. do venres 19, continuaron as actividades cos tradicionais partidos entre profesorado e alumnado, xogándose tempos de 15 minutos entre os equipos participantes de xeito alterno, xogándose primeiro o 1º tempo dun partido, a continuación o 1º tempo do 2º partido e así sucesivamente ata xogar os 2 tempos de todos os partidos. O alumnado baixou e ocupou as gradas cunha nutrida participación.
No equipo de profesores xogaron de esquerda a dereita e darriba abaixo: Eloy, Pepe, Jose, Amador, Xosé Manuel, Xurxo, Anxo, Fran e Tomás. Dourada, como equipo gañador da liga regular de fútbol sala xogou contra os profesores, dándose un empate. Xogaron tamén os alumnos do Ciclo Técnico Superior de Fútbol e os alumnos do ciclo superior TSAAFD gañando como era de esperar os primeiros. Para rematar xogaron los equipos que gañaron o 3º – 4º posto na liga regular de fútbol sala contar o alumnado do ciclo Superior TSAAFD.
No facebook tendes o enlace ao reportaxe gráfico completo realizado durante a actividade.