O pasado día 20, coincidindo co final de curso, os alumnos participantes no torneo de fútbol sala na categoría de 1º, 2º e 3º da ESO plantexaron a posibilidade de celebrar a final durante o recreo coa presenza das súas clases e todos aqueles que quixeran asistir.
O partido foi disputado polos equipos de “Los Palomos” de 2º A e “Los Gurilas” de 3º B resultando gañadores estes últimos por un tanteo de 5 a 2, se ben o gañador foi o de menos sendo o verdadeiro vencedor o ambiente reinante na bancada máis o espectáculo e a deportividade vistos no campo.
Cabe resaltar que o partido rematou cun abrazo entre os disputantes e unha fotografía conxunta para inmortalizar o momento.