deXte: deportes e experiencias educativas

Bitácora do PDC do IES Sánchez Cantón de Pontevedra

Archive for the ‘Actividades fin de trimestre’ Category

Final da liga de fútbol sala PDC 16/17

Posted by Paco Carral en 13 junio, 2017

 

O martes 13/6/17 desenvolveuse a final da liga de fútbol sala entre os equipos de CAIMANES – CHACALES, resultando vencedores polo tanteo mínimo de 1 – 0 os primeiros. Os trofeos e as medallas entregadas ao remate do partido aos 2 equipos foron doados pola ANPA O Verxel.  Agradecer a Esteban Pinilla a súa labor no desenvolvemento desta liga 16/17 e ao Orientador, Adolfo Barreiro, o deseño do cartel desta final.

Ligazón ao reportaxe gráfico da actividade

Anuncios

Posted in Actividades fin de trimestre, Eventos, Liga fútbol sala PDC 16/17, Liga futbolsala, PDC, PDC 16-17 | Leave a Comment »

Parkour 22/6/16

Posted by Paco Carral en 22 junio, 2016

 

parkour

22/06/2016, Mércores: tivo lugar a actividade de fin de curso no pabellón de 12.10 – 14.30 h para 1º e 2º ESO, desenvolvéndose a actividade de Parkour dirixida por Borja Gómez Buceta, ex alumno de TSAAFD e especialista en Parkour coa colaboración dos alumnos de 1º TSAAFD 15-16 Gonzalo Fuertes, Aitor Vilariño, Vanesa Aboy, Paula Reboredo, Iago Viéitez e Carlos Pereiras, de 12 a 13.30 h. Realizáronse tamén actividades deportivas de xogo libre no pabellón e no patio ata o remate. Coordinaron a actividade Francisco Pérez Carral, Módulo Dtes Individuais. Teresa Suárez, Benigno Silva e Montse Ferreira. Reportaxe gráfico Palmeiro (Tecnoloxía).  Organizou Dto. Ed. Física

Ligazón a reportaxe gráfica da actividade

Posted in Actividades fin de trimestre, Educación Física, Parkour, PDC 15-16 | Leave a Comment »

Actividades: I Magosto no IES Sánchez Cantón

Posted by anxogo en 12 noviembre, 2015

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Este mércores 11 de novembro celebrouse no noso centro o Magosto. Ademais  do reparto de castañas, asadas por un castañeiro profesional, para todo o alumnado da ESO. Colaborou o alumnado 1º TSAAFD organizando e dinamizando xogos para todos os seus compañeiros de centro.

Ligazón á reportaxe gráfica da actividade.

 

 

Posted in Actividades fin de trimestre, Eventos, Magosto, PDC 15-16 | Leave a Comment »

Actividades lúdico – deportivas fin 2º trimestre: venres 27/3/15

Posted by amadorriveiro en 1 abril, 2015

Actividades lúdico – deportivas con motivo do último día lectivo do 2º trimestre organizadas polo profesorado do Módulo de Xogos do ciclo TSAAFD co alumnado de 1º TSAAFD e a colaboración do profesorado participante no PDC 14-15 e profesorado de garda e profesorado en hora de clase cos distintos grupos anotados. Participaron de 9.50 – 10-40 os alumnos de 1º ciclo da ESO e de 10.40 – 11.30 h. os alumnos de 2º ciclo ESO. Aquí tendes unha mostra dalgunhas das actividades desenvoltas.

Posted in Actividades fin de trimestre, Educación Física, Eventos, PDC 14-15 | Leave a Comment »