deXte: deportes e experiencias educativas

Bitácora do PDC do IES Sánchez Cantón de Pontevedra

Archive for 27 octubre 2016

Taller de malabares

Posted by irenebarreiro en 27 octubre, 2016

cartel-malabaresO vindeiro mes de novembro vén cargadiño de propostas alternativas para os recreos. Entre elas presentamos o taller de malabares que terá lugar todos os luns no pavillón.

A actividade, que forma parte do PDC, será dirixida por alumnos de 1º de TSAFAD e centrarase no manexo das bólas e do diábolo. O taller está aberto para todo aquel que teña ganas de aprender algúns trucos, ademais de traballar a coordinación e por suposto  botarse unhas risas.

Non é necesario apuntarse con antelación (simplemente pasade por alí) e tampouco  levar material. Así que xa sabedes… non tedes escusa!

Posted in 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO, Educación Física, malabarismo, PDC, PDC 16-17, recreos deportivos, TSAAFD | Leave a Comment »

Liga Fútbol sala PDC 16/17: orlas equipos

Posted by Paco Carral en 20 octubre, 2016

facesala

Na conta de facebook do insti temos subidas as orlas dos equipos participantes que nos remitiron a súa foto. Agradecemos aos capitáns remitan as fotos que poidan faltar canto antes.

Posted in Deportes de equipo, Educación Física, Liga fútbol sala PDC 16/17, Liga futbolsala, PDC, PDC 16-17 | Leave a Comment »

Sorteo liga Fútbol sala PDC. celebrado o xoves 13/10/16

Posted by Paco Carral en 13 octubre, 2016

sorteo

Conforme a convocatoria previa no foro, durante o recreo do xoves 13/10/16 , no paraninfo tivo lugar o tradicional sorteo da liga coa presenza dos capitáns e algúns xogadores As papeletas foron mostrándose unha por unha e anunciando o nome de cada un dos 24 equipos inscritos antes de ilos poñendo na caixa.Cando rematamos, procedeuse a estracción das papeletas e conforme as fomos sacando adxudicamos de xeito ordenado 1 equipo a cada un dos 4 grupos.

Para darlle un aire máis solemne ao evento puxemos a cartulina nun cabalete e utilizamos a megafonía, e sí, puxemos o himno da champions.. Rematado o sorteo pasamos unha foto dos resultados para que os capitáns estén debidamente informados. En breve publicarase o calendario na páxina da liga e do PDC.

 

 

Posted in Educación Física, Liga fútbol sala PDC 16/17, PDC, PDC 16-17 | Leave a Comment »