Con motivo do último día de actividades lectivas do 1º trimestre, o venres día 20 de decembro desenvolveuse dentro do Programa Deportivo de Centro unha actividade multideportiva consistente en talleres e competicións nos deportes de Bádminton, Patinaxe, Tenis de mesa, Baloncesto e Fútbolsala para o alumnado da ESO entre as 9.00 e as 11.30 h. Contamos coa colaboración de Enrique, Anxo, Telmo, Montse, Tere, Pepe e Paco e nas labores de animación colaborou o alumnado de 1º TSAAFD. Agradecer tamén a todos os profesores e profesoras que baixaron ó alumnado ó pabellón e ó patio colaborando nas gardas correspondente para o bo desenvolvemento das actividades. Había tempo que non se facía unha actividade deportiva como peche de trimestre e era xa tempo de retomalo.
Enlace á presentación coas fotografías da xornada.