deXte: deportes e experiencias educativas

Bitácora do PDC do IES Sánchez Cantón de Pontevedra

Archive for 28 abril 2017

Xornada 28/4/17 Liga Fútbol sala PDC 16/17

Posted by alexandreperezgomez en 28 abril, 2017

Disputado partido hoxe entre Gorilas e Caracoles Negritos na liga de fútbol sala PDC 16/17, chegándose ao remate do partido co resultado de empate. Finalmente os penaltis déronlle o paso a seguinte ronda ao equipo de Caracoles Negritos. Noraboa aos 2 equipos polo seu esforzo e bo xogo mostrado ao longo do campeonato.

Posted in Liga fútbol sala PDC 16/17, Liga futbolsala, PDC 16-17 | Leave a Comment »

Xornada 20/4/17 Liga Fútbol sala PDC IES Sánchez Cantón Pontevedra

Posted by alexandreperezgomez en 20 abril, 2017

Na xornada 20/4/17, da liga de fútbol sala do PDC do IES Sánchez Cantón, disputouse o partido entre os equipos de Borussia donut – Gorilas, co resultado final de 1-3, Agradecer ao alumno José Pereira, de 2º Bach D o reportaxe gráfico desta actividade, e ao profesor Cristóbal Moreira, a xestión do calendario e resultados desta 1ª fase da liga que rematou hoxe. O vindeiro luns día 24, no paraninfo, terá lugar o sorteo da seguinte fase, estando convocados os capitáns dos equipos clasificados.

Ligazón ao reportaxe gráfico do partido

Posted in Educación Física, Liga fútbol sala PDC 16/17, Liga futbolsala, PDC 16-17 | Leave a Comment »

Xornada 19/4/17 Liga Fútbol sala

Posted by crismorcal en 19 abril, 2017

Na xornada 19/4/17, da liga de fútbol sala do PDC do IES Sánchez Cantón, disputouse o partido entre os equipos Vigor Patizambo –  Pandatinaikos  co resultado de 2 -0. Reportaxe gráfico: Esteban Pinilla

Ligazón ao reportaxe gráfico do partido

Posted in Educación Física, Liga fútbol sala PDC 16/17, Liga futbolsala, PDC 16-17 | Leave a Comment »

Curso de Adaptación de Salvamento acuático para a formación de certificados de profesionalidade: Coruña e Sanxenxo

Posted by maribelgutierrezmatilla en 18 abril, 2017

Ante as moitas consultas solicitadas por alumnos e ex alumnos do ciclo TSAAFD do IES Sánchez Cantón, realizamos as consultas correspondentes e vos pasamos a información que temos polo de agora relativa a formación para os que teñades máis prisa por solucionar o tema. Non descartamos ofertar no futuro un curso de adaptación dende o noso centro.

A Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia (FESSGA), Centro Formador Acreditado pola Consellería de Traballo e Benestar dá Xunta de Galicia, para a formación de certificados de profesionalidade, convoca un Curso de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en espazos acuáticos naturais para os alumnos xa titulados no Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e Técnicos de Actividades Físico deportivas. Este curso ten unha duración de 270 horas formativas, das cales: 70 horas son formativas, 80 horas son prácticas a realizar nun centro de libre elección do alumno e 120 horas validaríanse coa realización dunha proba de acceso antes do inicio do curso, que se celebraría o día mércores 26 de abril, hora e instalacións pendentes de concretar. A data límite de inscrición será o 24/04/2017, en caso de matrícula a última hora preguntar se quedan vacantes no curso, pois pagar e mandar a documentación o día anterior non garante inscrición no mesmo se este está completo. A FESSGA unicamente celebrará este curso nas súas instalacións da Coruña. Para acceder á convocatoria. http://fessga.es/Novedades.html .

  1. SOS en Instalaciones Acuáticas (CAFDO-IA)
  2. SOS en Espacios Acuáticos Naturales (CAFDO-EAN)

Agora adxuntamos as últimas informacións recibidas o 27/4/17

 

Posted in Educación Física, salvamento | Leave a Comment »