deXte: deportes e experiencias educativas

Bitácora do PDC do IES Sánchez Cantón de Pontevedra

Archive for 22 marzo 2014

PDC: ACHEGÁNDONOS AO RUGBY

Posted by enriquereyrodriguez en 22 marzo, 2014

 

rugby

O pasado xoves 20 e venres 21 un grupo de alumnos de 1º,2º, 3º e 4º ESO tiveron a posibilidade de coñecer e experimentar a modalidade de Rugby tag.

Para esta experiencia contamos coa colaboración do Mareantes Rugby Clube Pontevedra, quen aproveitando a celebración do IV Festival de San Patricio decidiu realizar unha serie de  actividades de promoción do rugby levadas a termo na avenida de Montero Ríos. A actividade principal consistiu nun torneo escolar de rugby tag do cal poideron disfrutar os nosos alumnos xunto con outros vidos da contorna.

Dende o programa deportivo de centro entendimos que esta actividade era idonea xa que ia máis alo de algo lúdico adentrándonos no terreo do respeto, dos valores e das normas, aspectos moi vinculados a este deporte.

Logo das primeiras dificultades de adaptación ao manexo dun novo móbil e a situación de ter que xogar por detras do balón, sen desmarques como sucede na maior parte dos deportes de equipo que eles practican, os alumnos poideron disfrutar dun tempo de diversión e sorrisos onde o verdadeiro gañador foi o deporte.

Unha mágoa que o venres 21 non fose posible continuar coa actividade debido as malas condición climatolóxicas.

Posted in Educación Física, PDC | Leave a Comment »

PDC: exhibición de kárate o venres 14/3/2014

Posted by Paco Carral en 17 marzo, 2014

IMG_7925As 11.30 no pabellón do Instituto Sánchez Cantón de Pontevedra

A exhibición de kárate contou coa participación de Iria Pérez e Diego Anguita, 2º e 1er dan de karate respectivamente, pertencentes ó Ximnasio Shotokan de Vigo e Asociación Deportiva Zanshin de Vigo. A exhibición constou dunha demostración de varias katas de nivel alto e varios traballos por parella, xunto cunha simulación de combate e unha demostracion dunha kata de kobudo, especialidade do Kárate consistente nunha exhibición con armas.
Enlace á presentación con fotografías da actividade

Posted in Educación Física, Eventos, PDC | Etiquetado: , | Leave a Comment »

Día Europeo de Prevención del Riesgo Cardiovascular: 14 de Marzo

Posted by Paco Carral en 14 marzo, 2014

cardiovascularO 80% dos infartos evitaríanse cun control axeitado dos factores e risco cardiovascular clásicos e doutros descritos nos últimos anos. Así o advirten con motivo do 14 de marzo, Día Europeo de Prevención del Riesgo Cardiovascular, as distintas organizacións científicas como a Sociedad Española de Cardiología (SEC), a Fundación Española del Corazón (FEC) e outras. A continuación descríbense cales son os factores de risco cardiovascular tradicionais que hai que controlar e o papel da contaminación ambiental e os suplementos do calcio na saúde do corazón.

Tomado de Consumer Erosky

Posted in Educación Física, Salud | Etiquetado: , | Leave a Comment »

Atletismo: 1967 – 1984 a muller na historia da maratón, a ley Scheiss. 8 de marzo, día da muller traballadora

Posted by Paco Carral en 8 marzo, 2014

Ainda que o deporte parece unha actividade libre e as probas populares son precisamente eso, unha festa da participación donde todo o mundo ten cabida, esto non foi sempre así. Se nos remontamos ó ano 1967, podremos ver a Kathrine Switzer rompendo cunha tradición de 70 anos e sendo a primeira muller en correr a maratón de Boston. Naqueles tempos a muller viña recorrendo un camiño moi duro no referido a todo tipo de reivindicacións necesarias e xustas que se atopaban coa opinión machista que frecuentemente e sen razóns de ningún tipo lles facían quedar fora do que se consideraba patrimonio exclusivo do home.

Leer el resto de esta entrada »

Posted in Atletismo, día da muller traballadora, Educación Física, Tarea de ampliación | Etiquetado: , , , , , , , | Leave a Comment »