Posted by maribelgutierrezmatilla en 12 marzo, 2020
Adxuntamos ligazón a reportaxe gráfico da xornada do 12/3/20, partido disputado no recreo de 11.30 – 12 h. correspondente a liga de COLPBOL que iniciamos no mes de xaneiro / 20020. Para calquer duda que teñades falar con Maribel Gutiérrez, prof. de Ed. Física nos recreos correspondentes no pabellón. Tamén a información está ubicada na entrada do pabellón.
Posted by maribelgutierrezmatilla en 13 enero, 2020
No seguinte documento tendes toda a información relativa a inscripcións, regulamento e calendario de participación da liga de BRILÉ que iniciamos no mes de xaneiro / 20020. Para calquer duda que teñades falar con Maribel Gutiérrez, prof. de Ed. Física nos recreos correspondentes no pabellón. Tamén a información está ubicada no pabellón e carteis nos pasillos.
Posted by maribelgutierrezmatilla en 10 enero, 2020
No seguinte documento tendes toda a información relativa a inscripcións, regulamento e calendario de participación da liga de COLPBOL que iniciamos no mes de xaneiro / 20020. Para calquer duda que teñades falar con Maribel Gutiérrez, prof. de Ed. Física nos recreos correspondentes no pabellón. Tamén a información está ubicada no pabellón e carteis nos pasillos.
Esta semana, no pavillón, comezaron algunhas das actividades alternativas para os recreos que forman parte do PDC, organizadas coa colaboración dos alumnos de TASAFD .
A que vimos presentar hoxe chámase FOUR SQUARE; un xogo moi coñecido en EEUU. De comezar sendo un xogo popular, coas suas variantes según a zona, hoxe en día estase xogando en ligas oficiais e establécense os criterios para formalizar un regulamento común.
O que nos conquista deste xogo, ademais do divertido que nos parece, é:
– Por unha banda o fácil que resulta a súa organización (simplemente necesitamos un balón e un xiz ou algo para marcar catro cadrados no chan).
– E por outra, a continua mobilidade dos xogadores, facendo que todos os participantes estean alerta e evitando longas esperas nas quendas para xogar
Os propios alumnos de 1º de TSAFAD explícannos as regras básicas a través do seguinte vídeo:
Podedes ver máis información en algunha destas ligazóns:
O vindeiro mes de novembro vén cargadiño de propostas alternativas para os recreos. Entre elas presentamos o taller de malabares que terá lugar todos os luns no pavillón.
A actividade, que forma parte do PDC, será dirixida por alumnos de 1º de TSAFAD e centrarase no manexo das bólas e do diábolo. O taller está aberto para todo aquel que teña ganas de aprender algúns trucos, ademais de traballar a coordinación e por suposto botarse unhas risas.
Non é necesario apuntarse con antelación (simplemente pasade por alí) e tampouco levar material. Así que xa sabedes… non tedes escusa!
A partir do mes de novembro durante os recreos no pavillón poderedes probar algún dos deportes alternativos que vos propoñemos. Xa tedes os carteis coas normas básicas colgados polo Insti. Non fai falta inscrición, animádevos. Estamos seguros que vos encantarán.
Estos dias no recreo dentro das actividades do PDC (programa deportivo de centro) implantado neste curso 2013-14, observamos os profes que o remate e un dos golpes que máis difícil resulta para todos. Aquí tendes este exemplo de exercicio de adestramento para o remate que podemos realizar para a nosa mellora. Fixádevos como realizan o golpeo e o máis importante: o momento axeitado para facelo.