Debido á gran aceptación dalgunhas actividades deportivas levadas a cabo no recreo polos alumnos de 1º e 2º de T.S.S.A.F.Y.D establécese o calendario deste mes. Os luns, o xogo libre terá cabida xunto aos campos de four square e un espacio de malabares, onde os alumnos do I.E.S Sánchez Cantón poderán continuar coas novas actividades pola súa conta. Os mércores e venres, o pavillón estará a disposición dos integrantes na liga de Colpbol. Os alumnos de 2º de T.S.S.A.F.Y.D xunto co profesorado do PDC, axudarán para levar adiante a liga. O venres 25 de novembro comezará a liga de colpbol.
Archive for 22 noviembre 2016
Calendario de actividades novembro e decembro.
Posted by maribelgutierrezmatilla en 22 noviembre, 2016
Posted in Educación Física, PDC 16-17 | Leave a Comment »
Insti en bici 1ª sesión 17/11/16
Posted by alexandreperezgomez en 19 noviembre, 2016
O 17/11/16 desenvolveuse o Inti en bici – programa piloto para 3º ESO B, na aula de 1º TSAAFD entre as 12.50 – 13,40 h imparatiuse unha sesión de teoría a cargo de Enrique Pérez Fernández, da Asociación Pedaladas conxuntamente con Ricardo Cruceira Soto, da Policía Local. O programa constará de 4 sesións e na última o alumnado realizará unha saída. Tendes información completa no foro de comunicacións de 3º ESO. Organizou Asoc. Pedaladas, coordinou Dto. Ed. Física, colaborou Manolo Torres Abal.
Ligazóns:
- Ligazón a todos os detalles sobre calendario e Obxectivos da actividade: Na última sesión terá lugar unha saida práctica na rúa, coa colaboración da Policía Local.
- Ligazón a autorización que deberán traer o luns 21/11/16 (foi entregada o venres 18 en hora de Ed.f)
- Ligazón a reportaxe gráfico da 1ª sesión o xoves 17/11/16
- Para calquer consulta sobre esta actividade falar co profesor de Ed. Física de 3º ESO B Alexandre Perez Gómez ou coa vicedirección.
- Toda a información irá dándose a través do foro de comunicacións ao alumnado de 3º ESO:
Posted in 3º ESO, cambios de categoría, PDC, PDC 16-17 | Leave a Comment »
DisCamino
Posted by irenebarreiro en 18 noviembre, 2016
Este mércores, 16 de novembro, tivemos a honra de contar coa presenza de Javier Pitillas, Gerardo Fernández, Ana Soage, José Varela, David Gil e Javier Fernández, presentándonos o DisCamino; un proxecto que axuda a persoas con discapacidade a cumprir o seu soño de facer o Camiño de Santiago.
A historia de Discamino comezou en agosto de 2009, cando Gerardo Fernández, un raparigo xordo-cego de Vigo, atreveuse a facer o seu primeiro Camiño de Santiago, acompañado de Javier Pitillas, pedaleando sobre un Copilot, triciclo tándem. Unha vez rematado o camiño Gerardo pediulle a Javier que buscase máis pesoas con problemas coma él para facer o Camiño durante moitos anos.E ahí foi onde comenzou todo… A día de hoxe DisCamino é un proxecto que non para de crecer, coma demostraron este ano facendo a volta a España.
.A charla, coordinada por Lucía Peiteado (alumna de 2º de TSAAFD) e Irene Barreiro (profesora do módulo de Actividades Físicas para Persoas con Discapacidade), tivo lugar no salón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva e a ela asisitiron os alumnos de 2º de TSAAFD e das Ensinanzas Deportivas de Fútbol e Balonmán.
Ademais de proxectar algúns vídeos sobre os trailers dos documentais relacionados co proxecto e de contarnos a suas experiencias, os protagonistas déronnos, a todos os que alí estábamos, unha lección moi importante que é a de que a vida e cuestión de actitude. Se queredes saber máis sobre DisCamino podedes obter máis información na sua páxina. E se queredes, aquí tedes algúns dos vídeos:
Posted in Diversidad funcional, Educación Física, PDC 16-17, TSEASD | Leave a Comment »
Colpbol nos recreos (vídeo explicativo do xogo)
Posted by maribelgutierrezmatilla en 7 noviembre, 2016
Esta semana imos comezar co colpbol xunto ao foursquare dentro do pavillón do IES Sánchéz Cántón.Os alumnos de T.S.S.A.F.Y.D serán os encargados de levar a cabo estas propostas de xogos alternativos e cooperativos que forman parte do noso PDC.
Esperamos unha gran acollida por parte dos alumnos
O colpbol é un deporte dinámico e moi cooperativo onde interveñen equipos mixtos. O seu atractivo vén dado pola necesidade de meter gol con axuda dos compañeiros.
– Non se pode golpear máis dunha vez seguida o balón.
– Non se pode agarrar o balón coas mans.
– Non se lle pode golpear de forma intencionada de cintura para abaixo (xa que levaría unha expulsión de 20″).
O campo para utilizar é o de fútbol sala e balonmán coas mesmas porterías. O porteiro ten características particulares xa que é o único que pode parar co pié e reter o balón. Os balóns de voleibol son perfectos para levar a cabo o xogo.
ESPERÁMOSVOS A TODOS!!!
Posted in Educación Física, PDC 16-17 | Etiquetado: Deportes alternativos | Leave a Comment »
Four Square
Posted by irenebarreiro en 7 noviembre, 2016
O “FOUR SQUARE”
Esta semana, no pavillón, comezaron algunhas das actividades alternativas para os recreos que forman parte do PDC, organizadas coa colaboración dos alumnos de TASAFD .
A que vimos presentar hoxe chámase FOUR SQUARE; un xogo moi coñecido en EEUU. De comezar sendo un xogo popular, coas suas variantes según a zona, hoxe en día estase xogando en ligas oficiais e establécense os criterios para formalizar un regulamento común.
O que nos conquista deste xogo, ademais do divertido que nos parece, é:
– Por unha banda o fácil que resulta a súa organización (simplemente necesitamos un balón e un xiz ou algo para marcar catro cadrados no chan).
– E por outra, a continua mobilidade dos xogadores, facendo que todos os participantes estean alerta e evitando longas esperas nas quendas para xogar
Os propios alumnos de 1º de TSAFAD explícannos as regras básicas a través do seguinte vídeo:
Podedes ver máis información en algunha destas ligazóns:
Posted in 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO, Educación Física, PDC, PDC 16-17, recreos deportivos, TSEASD | Etiquetado: Deportes alternativos | 1 Comment »