deXte: deportes e experiencias educativas

Bitácora do PDC do IES Sánchez Cantón de Pontevedra

Proxecto Deportivo de centro 16-17

Entre esta páxina do blog e a web de xestión de actividades do insti, levamos constancia de toda a información e memoria do Proxecto deportivo de centro que o IES Sánchez Cantón desenvolve  este ano 2016-17. Dentro da páxina de actividades do centro temos ademáis unha páxina web específica para o PDC con toda a información sobre arranque das ligas e actividades a desenvolver en cada curso escolar. Este xa é o 4º ano no que desenvolvemos o PDC no IES Sánchez Cantón , utilizando sempre este blog para a publicación das distintas actividades xunto coa nosa conta de facebook na que subimos as galerías das distintas actividades do centro e tamén as reportaxes gráficas realizadas con motivo das actividades do PDC e o canle de Youtube do centro no que tamén subimos algúns videos e presentacións das actividades desenvoltas.

O alumnado interesado en participar nas actividades accede ao pabellón en horario de recreo, inscribíndose nos prazos que abrimos para as distintas actividades que así o requiren ( ligas e torneos). As actividades céntranse fundamentalmente no horario de recreo: 11.30 – 12.00 h, ainda que en determinados momentos do curso desenvolvemos actividades que abarcan un horario máis amplo con motivo do término das actividades lectivas de cada trimestre, fin de curso e datas puntuais.

A iniciativa destas actividades ven do Departamento de Educación Física, ainda que traballamos tamén moi a menudo en coordinación co Grupo de Teatro, GNL, Biblioteca e outros departamentos no desenvolvemento de programas de actividades puntuais que buscan ofertar actividades que permitan a participación do alumnado de todo o centro cunha distribución de actividades no paraninfo, pabellón, patio e biblioteca.

O acceso as actividades é libre, salvo as que se programan puntualmente para un determinado nivel educativo ou calendario específico de datas. O alumnado debe cumprir a normativa do Dto de Ed. Física, a de RRI e utilizar calzado deportivo, sendo tamén aconsellable o uso de indumentaria deportiva e seguir as indicacións do profesorado.

Agradecer a Xefatura de Estudios do Sánchez a asignación do profesorado de garda ao pabellón para cada recreo, o que posibilita de xeito efectivo o desenvolvemento deste programa durante todo o curso escolar.

Agradecer este ano a implicación dos compañeiros:  (Anxo, Irene, Maribel, Cristóbal e Alexandre), que asumen as gardas de recreo durante este curso escolar 2016-17 así como a colaboración do alumnado do ciclo TSAAFD no desenvolvemento de distintas actividades puntuais e sobre todo nas xornadas de peche de trimestre .

Agradecer tamén á consellería a iniciativa do Plan Proxecta e concretamente o Proxecto Deportivo de Centro ao que nos acollemos por 4º ano consecutivo, solicitando tamén neste sentido que esta iniciativa se manteña e se complemente cunha asignación presupuestaria que permita abordar accións e adquisicións de material que facilitarían e promoverían todavía máis o desenvolvemento deste tipo de actividades e as repercusións positivas que sobre o alumnado e ambiente de centro están a percibirse de xeito claro. O diñeiro non é o máis importante, pero axuda moito, así como un recoñecemento horario formativo maior que ó fin e o cabo non requeriría un incremento presupuestario por parte da Consellería e sí axudaría a motivar todavía máis ao profesorado na súa participación.

Adxuntamos o ligazón ao Documento do proxecto presentado  para a súa aprobación dentro do plan PROXECTA. 2016-17 . Como elemento de comunicación co alumnado para as actividades utilizamos o foro xeral do Alumnado. O alumnado recibe un correo cando hai unha comunicación no foro no que están todos inscritos. Para que esto funcione deste xeito o alumnado debe ter actualizado o seu correo electrónico no seu perfil da aula virtual. Se o alumno ten ademáis sincronizada a súa conta de email no seu smartphone, a comunicación será moito máis efectiva e neste sentido teremos que ir avanzando instruindo ó noso alumnado nos primeiros días de cada curso para que este canle informativo funcione cada vez mellor. Tamén estanse a utilizar xa por segundo ano, as comunicacións a través de wasap de grupo xestionado polo alumnado organizador nas actividades de Balonmán e Fútbol sala e tamén cos delegados de 3º, 4º, 1º e 2º bach.

A continuación engadimos uns enlaces á nosa aula virtual donde se detallan os obxectivos fixados en xeral para as actividades deportivas no noso centro e que facemos extensivas dentro do PDC deste ano, así como a normativa de participación enmarcada no RRI do centro.

Para o desenvolvemento desta memoria de actividades desenvoltas utilizamos o blog deXte, “deportes y experiencias educativas”  que administra o que suscribe estas liñas, actualmente dende a Vicedirección do IES Sánchez Cantón, estando como editores tamén o profesorado implicado no PDC deste ano, incluindo entradas específicas das distintas actividades desenvoltas. Os reportaxes gráficos veñen sendo colgados en albums na conta do centro no Facebook. O traballo co blog  e cos albums de actividade nos axuda a contextualizar, organizar a memoria e certificar tamén o efectivo desenvolvemento das actividades, así como levalas ordenadas cronolóxicamente e categorizadas. Agradecer aos nosos editores as súas colaboracións nas entradas incluidas neste blog e a coordinación desinteresada do noso compañeiro e Xefe de Departamento Telmo Silva Alonso, así como a colaboración de todo o noso equipo Directivo do Sánchez : Eladio Otero López, Ana Martínez Fernández, Rocio Viéites Rey e Antonio Rey Sorribas con motivo do PDC 2016-17 poñendo os medios necesarios e colaborando sempre que o precisamos. Tamén queremos agradecer especialmente a labor da Anpa O Verxel polas súas axudas económicas, premios para as ligas e adquisicións materiais para actividades e demáis. Sempre colaboran e atenden as nosas solicitudes na medida das súas posibilidades.

Este ano ata o día 15 de outubro atenderanse as inscripcións en actividades, así como as inscripcións das ligas ata alcanzar o número de equipos necesario.

Asdo.: Francisco Manuel Pérez Carral, coordinador PDC IES Sánchez Cantón 2016-17

Pontevedra,12/10/2016

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

 
A %d blogueros les gusta esto: