deXte: deportes e experiencias educativas

Bitácora do PDC do IES Sánchez Cantón de Pontevedra

Archive for 30 mayo 2014

PDC: Comenzan as finais de fútbol

Posted by montseferreira en 30 mayo, 2014

2014-05-27 11.38.53

¡ Xa empezaron as finais de fútbol dos máis maiores !

A liga de fútbol é a que máis expectación está a crear, con público sempre na bancada (incluido profesorado).

Recordarvos a todos a normativa do Dto. de Ed. Física no referido á prohibición de entrar no pabellón con comida ou bebida. Recordaros tamén a importancia da puntualidade no comezo dos partidos para todos: árbitros, xogadores e alumnado colaborador. O vindeiro martes seguirán os partidos.

Regulamento FGFS

Posted in Educación Física, PDC | Leave a Comment »

PDC: Partido alumnos – profesores 27/5/14

Posted by Paco Carral en 26 mayo, 2014

IMG_8247

Retomando este ano a costume de realizar o partido alumnos – profesores que tanta tradición tiña no Sánchez, este ano os alumnos de 2º bach o propuxeron e desenvolveuse este pasado luns 26 /5/14 na última hora da mañán no Pabellón do Instituto. O partido comezou cun claro dominio do alumnado que se adiantou no marcador, impoñéndose finalmente os profesores por 4 – 2 .O partido foi de gran espectación, contando coa participación de numeroso público, case todos alumnos de 2º bach.

Xogaron polos profesores: Enrique, Fran, Xosé Manuel, Anxo, Jose e Pepe, agradecendo a inestimable axuda de Miki (1º TSAAFD) na portería. Polos alumnos xogaron: Samuel, Guille, Álvaro, Carlos, Xandre e Calixto. Agradecer tamén a inestimable axuda de Alexandre nas labores de arbitraxe. Durante uns dias teremos as fotografías do partido neste enlace de dropbox para que as descarguedes

Posted in Educación Física, PDC | Leave a Comment »

PDC e convivencia escolar

Posted by peplijo en 17 mayo, 2014

je.pepe

Xa vai de varias reunións nas que intercambiando opinións sobre o Programa Deportivo de Centro comentouse o impacto positivo que pode chegar a ter na convivencia do centro. En lineas xerais á idea é a seguinte:

Na maioria dos centros en Galicia tense presente a lei  4/2011 que regula a convivencia escolar. O problema real co que nos encontramos é que inda que se poida aplicar, na práctica as medidas son mais de caracter pasivo que activo, pois a necesidade real dun observatorio de convivencia ou outros instrumentos de mediación pasan mais pola voluntariedade do persoal que pola propia dispoñibilidade de horas das que dispoña o centro.

Cando empezamos a andaina das diversas actividades quedou pendiente ver se a finais de curso as incidencias que se viñan recollendo en cursos anteriores nos recreos se volvian a repetir tendo a parte do alumnado enredado en diversas actividades. A situación do centro é a seguinte: con mais de 900 alumnos e alumnas os focos principais de reunión dos mesmos tradicionalmente viñan sendo a cafetería con mais de 200 alumnos que pasan por ela todolos días, a biblioteca con outros 200 alumnos e alumnas que permanecen en ela ou ben todo o recreo (en torno a uns 80-100) ou ben de maneira itinerante (100-120). O resto do alumnado repartiase polos diversos andares do centro e polo patio, sen olvidar tamen que o alumnado de bacharelato acostuma a non permanecer no centro no tempo de lecer. Esto quere dicir que en torno a uns 200-300 alumnos non tiñan unha ocupación real na que pasar o tempo no recreo e xuntase tamén que moitos dos que están en outras zonas itineran entre un lugar e outro. A realidade amosa que o final sempre habia algún alumno ou alumna que acaba mostrando conductas contrarias á convivencia: ou ben un empurron ou calquer enganchada cos compañeiros ou compañeiras.

A práctica no presente curso 2013/14 revelanos que boa parte do alumnado desocupado nos recreos agora encontrou unha actividade ca que enredar no tempo de lecer. Algunhas con mais reclamo que outras (o día de Zumba foi o exemplo de como deberan ser todolos recreos, en cambio é verdade que outras actividades non teñen o mesmo tirón) o certo é que boa parte do alumnado se involucrou a diversos niveis. O impacto na convivencia que é o que intentamos reflexar, tamén foi positivo, reducindose nos recreos as conductas contrarias á mesma.

Posted in Educación Física, PDC | Etiquetado: , | Leave a Comment »

PDC: Xornada de xogos tradicionais

Posted by anxogo en 16 mayo, 2014

IMG_8035

XORNADAS DE XOGOS TRADICIONAIS NO IES SÁNCHEZ CANTÓN
O alumnado do noso centro que cursa o 1º ano de Técnico Superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas (TSAAFD), como traballo avaliable dentro do Módulo de Xogos e Actividades Físicas de Animación, preparou, dirixiu e dinamizou esta actividade para o resto de compañeiros do instituto. Lee el resto de esta entrada »

Posted in Educación Física, PDC, xogos | Leave a Comment »

Actividade física e rendemento cognitivo

Posted by telmosilva en 5 mayo, 2014

FOTOTELMO

Unha investigación sueca relaciona a resistencia cardiovascular con un maior  rendemento cognitivo en xoves e adolescentes, interesantes conclusións que xustifican ainda mais se cabe a práctica frecuente e regular de actividade física en idade escolar.

O aumento das horas de educación física escolar á semana e o aproveitamento do tempo de recreo para a práctica de actividade física organizada (programa deportivo de centro) parecen boas iniciativas neste senso.

 

 

 

Posted in Educación Física, PDC, Salud | Etiquetado: , | Leave a Comment »

PDC: Insti en bici o xoves 8/5/2014

Posted by Paco Carral en 3 mayo, 2014

instienbiciInformaros de que o vindeiro xoves día 8 de maio entre as 11.30 e as 13.15 h. terá lugar unha marcha escolar en bicicleta organizada polo Axuntamento dentro da campaña Insti en bici, unha iniciativa que pretende fomentar o uso da bicicleta entre os escolares e que o Dto. de Ed. Física promove dende o Programa Deportivo de Centro. O alumnado do Sánchez sairá as 11.30 h, recollendo a bicicleta no pabellón e seguindo as instruccións do profesorado, no desprazamento ata o IES Valle Inclán, dende donde baixaremos co acompañamento da Policía Local, ata o IES A Xunqueira para iniciar o percorrido duns 6 – 7 km xunto co resto de participants doutros centros con saída na entrada da Illa das Esculturas cerca do FP da Xunqueira e chegada na Peregrina conforme ó plano adxunto que nos pasou a Policía Local

Durante o percorrido da marcha a organización ten previsto que vaia unha moto da Policía Local diante e outra ó final.

O alumnado interesado en participar deberá entregar o martes día 6 ás 11.30 h. a autorizaciónna vicedirección a través do seu delegado de curso. As autorizacións poden ser recollidas na conserxería na tarde do luns día 5 de maio a través dos delegados que entregarán un parte de aula coa relación de alumnado participante de cada curso. O parte lles será entregado xunto co cartel de aula na tarde do luns nas aulas.

Para a participación nesta actividade o alumnado debe traer bicicleta e casco o día da actividade. As bicis pódense gardar o xoves 8 no pabellón as 9.00 h. Os conserxes abrirán a porta exterior do pabellón as 9.00 h. Tamén volveranse a gardar no pabellón ó remate da marcha e ata a hora de saída. O mércores confirmarase o listado de participantes e se vos darán instruccións por escrito a través dos vosos delegados.

Convén levar parches, desmontable, cámara de reposto, bombín e auga, así como algo de froita ou bocadillo para tomar ó remate da actividade.

Organiza: Dto Educación Física / Vicedirección dentro do Programa Deportivo de Centro.

Posted in Actitudes, ciclismo, PDC | Leave a Comment »