deXte: deportes e experiencias educativas

Bitácora do PDC do IES Sánchez Cantón de Pontevedra

PDC 19/20

Entre esta páxina do blog e a web de xestión de actividades do insti, levamos constancia de toda a información do 6º Proxecto deportivo de centro que o IES Sánchez Cantón desenvolve  este ano fora do Plan Proxecta. Continuaremos na medida das nosas posibilidades e da colaboración que recibamos, coa reseña de actividades e edición das páxinas web específicas do PDC e Liga de Fútbol sala.

Creemos que a idea inicial do Proxecta pode funcionar, pero botamos en falta como xa solicitamos e fixemos constar nas memorias correspondentes enviadas ao remate de cada ano, un maior recoñecemento a nivel formativo  en horas, e unha dotación presupuestaria das actividades. O das horas, por se alguén non o sabe refírese ao recoñecemento formativo, algo que a consellería non lle costa un peso e que favorecería considerablemente a motivación a hora de sumar profesorado a estes proxectos xa que precisamente este ano non conseguimos convencer a nadie.

No canle Telegram publicaremos algunha imaxe, e tamén na conta de google do IES, pero progresivamente pasarémonos debido a LPDatos a Galería COPPERMINE en canto teñamos mudada a páxina, cousa que tamén dependerá do tempo do que dispoñamos e que tampouco é recoñecido pola administración no horario do que suscribe.

O alumnado interesado en participar nas actividades accede ao pabellón en horario de recreo, inscribíndose nos prazos que abrimos para as distintas actividades que así o requiren ( ligas e torneos). As actividades céntranse fundamentalmente no horario de recreo: 11.30 – 12.00 h, ainda que en determinados momentos do curso desenvolvemos actividades que abarcan un horario máis amplo con motivo do término das actividades lectivas de cada trimestre, fin de curso e datas puntuais en función da colaboración do profesorado e alumnado.

A iniciativa destas actividades ven do Departamento de Educación Física, ainda que traballamos tamén moi a menudo en coordinación co Grupo de Teatro, GNL, Biblioteca e outros departamentos no desenvolvemento de programas de actividades puntuais que buscan ofertar actividades que permitan a participación do alumnado de todo o centro cunha distribución de actividades no paraninfo, pabellón, patio e biblioteca.

O acceso as actividades é libre, salvo as que se programan puntualmente para un determinado nivel educativo ou calendario específico de datas. O alumnado debe cumprir a normativa do Dto de Ed. Física, a de NOF e utilizar calzado deportivo, sendo tamén aconsellable o uso de indumentaria deportiva e seguir as indicacións do profesorado relativas a prohibición de comer no pabellón.

Agradecer a Xefatura de Estudios do Sánchez a asignación do profesorado de garda ao pabellón para cada recreo, o que posibilita de xeito efectivo o desenvolvemento deste programa durante todo o curso escolar.

Agradecer a colaboración do profesorado de garda de recreo: este ano os profesores de Ed. Física Maribel,  Josevi, Eladio e Anxo. Agradecer a colaboración do alumnado de 1º TSEASD e 2º TSAAFD no desenvolvemento de distintas actividades puntuais  así como as  xornadas de peche de trimestre que poidan desenvolverse .

A continuación engadimos uns enlaces á nosa aula virtual donde se detallan os obxectivos fixados en xeral para as actividades deportivas no noso centro e que facemos extensivas dentro do PDC deste ano, así como a normativa de participación enmarcada no NOF  centro.

Para a reseña das actividades e publicación xeral de información, utilizamos o blog deXte, “deportes y experiencias educativas” . Agradecer aos nosos editores as súas colaboracións nas entradas incluidas neste blog e a colaboración do Departamento de Educación Física, así como a inestimable colaboración económica da Anpa O Verxel .

Ligazon as entradas publicadas neste blog con motivo do PDC 19/20

 
A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: