deXte: deportes e experiencias educativas

Bitácora do PDC do IES Sánchez Cantón de Pontevedra

PDC14/15

Entre esta páxina do blog e a web de xestión de actividades do insti, iremos levando constancia de toda a información e memoria do Programa deportivo de centro que o IES Sánchez Cantón desenvolve este ano 14-15.  Dentro da páxina de actividades temos unha páxina web específica para o PDC.

O alumnado interesado en participar nas actividades falará co seu profesor/a de Ed. Física ou irá directamente ó pabellón do centro no horario de recreo de 11.30 -12 h. de luns a venres para informarse sobre as actividades a desenvolver en cada trimestre. O acceso é libre, agradecendo que o alumnado acceda con calzado deportivo e evite comer nas gradas.

Agradecer a Rocío Viéites Rey, Xefa de Estudios do Sánchez a asignación dun profesor de garda ao pabellón para cada recreo, o que posibilita de xeito efectivo o desenvolvemento deste programa.

Agradecer este ano a implicación dos compañeiros: Amador, Xan, Montse e Anxo, así como a colaboración do alumnado do ciclo TSAAFD no desenvolvemento sobre todo das xornadas de peche de trimestre que veñen facéndose xa dende o curso pasado e que retoman unha tradición que xa había no Sánchez hai anos e que era bo recuperar.

Agradecer tamén á consellería a iniciativa do PDC ao que nos acollemos por 2º ano consecutivo, solicitando tamén neste sentido que esta iniciativa se manteña e se complemente cunha asignación presupuestaria que permita abordar accións e adquisicións de material que facilitarían e promoverían todavía máis o desenvolvemento deste tipo de programas e as repercusións positivas que sobre o alumnado e ambiente de centro están a percibirse. O diñeiro non é o máis importante, pero axuda moito, así como un recoñecemento horario formativo maior que ó fin e o cabo non requeriría un incremento inversor por parte da Consellería e sí axudaría a motivar ao profesorado na súa participación.

A continuación adxuntamos o texto do Documento do proxecto presentado  para a súa aprobación dentro do plan PROXECTA. 2014-15 . Como elemento de comunicación co alumnado para as actividades utilizamos o foro xeral do Alumnado. O alumnado recibe un correo cando hai unha comunicación no foro. Para que esto funcione deste xeito o alumnado debe ter actualizado o seu correo electrónico no seu perfil da aula virtual. Se o alumno ten ademáis sincronizada a súa conta de email no seu smartphone, a comunicación será moito máis efectiva e neste sentido teremos que ir avanzando instruindo ó noso alumnado nos primeiros días de cada curso para que este canal informativo funcione cada vez mellor. Tamén estanse a utilizar de xeito experimental nalgunhas actividades o wasap de grupo xestionado polo alumnado.

A continuación engadimos uns enlaces á nosa aula virtual donde se detallan os obxectivos fixados en xeral para as actividades deportivas no noso centro e que facemos extensivas dentro do PDC deste ano, así como a normativa de participación enmarcada no RRI do centro e nas modificacións sobre actividades aprobadas no Consello Escolar.

Para o desenvolvemento desta memoria de actividades desenvoltas utilizamos o blog deXte, “deportes y experiencias educativas”  que administra o que suscribe estas liñas dende a Vicedirección do centro, estando como editores tamén o profesorado implicado no PDC deste ano, incluindo entradas específicas das distintas actividades desenvoltas. Os reportaxes gráficos comezaron a subirse este ano a distintos albunes na conta do centro no Facebook. O traballo co blog  e cos albunes de actividade nos axuda a contextualizar e organizar a memoria e levar constancia do que fixemos de xeito categorizado e calendarizado. Agradecer aos nosos editores: Amador, Xan, Montse e Anxo as súas colaboracións nas entradas incluidas neste blog e a coordinación desinteresada do noso compañeiro e Xefe de Departamento Telmo Silva Alonso, así como a colaboración de todo o noso equipo Directivo do Sánchez con motivo do PDC 2014-15. Moitas das fotografías foron tomadas polo noso compañeiro Juan García Lorenzo.

1º TRIMESTRE 2014-15

Dentro das actividades a desenvoltas no 1º trimestre estiveron o  Taller de bádminton e o taller de tenis de mesa, así como a actividade de xogo libre nas pistas exteriores cando o tempo así o permite. Desenvolvéŕonse ademáis de xeito puntual as seguintes xornadas:

venres 7/11/14 sesión de Zumba de 11.30 – 12  a cargo de Carla Novoa, especialista nesta disciplina. A partires desta data, a actividade de Zumba será os venres de xeito quincenal.

venres 21/11/14 sesión de Zumba de 11.30 – 12  a cargo de Carla Novoa

Venres 19/12/2014: actividades lúdico – deportivas no pabellón e patio exterior. Organizou Dto. Ed. Física – Módulo Xogos, prof. Anxo Gómez García / alumnado 1º TSAAFD. As actividades desenvolvéronse de 9.50 – 10.40 para 1º e 2º ESO e de 10.40 – 11.30 h. para 3º e 4º ESO. Colaborou o profesorado afectado en hora de clase, profesorado de garda e atención ao centro.

2º TRIMESTRE 2014-15

Continua o desenvolvemento de actividades de xogo libre nos deportes de baloncesto, tenis de mesa e bádminton convivindo coa Liga de Fútbol sala na que participan todos os niveis educativos, dende 1º ESO ata 2º Bacharelato. A liga arrancou co prazo de inscripcións iniciado do 1 – 16 de decembro, comenzando o seu desenvolvemento o 13/1/2015. A coordinación da liga é levada polo alumnado, agradecendo a colaboración de Nicolás Sebio e a dos capitáns de todos os equipos participantes no desenvolvemento da actividade dun xeito prácticamente autónomo. 

Liga, aplicación para a xestión de resultados , clasificacións e calendario de partidos. Xestionada polo alumnado participante.

Enlace a CLASIFICACIÓNS
CALENDARIO DE PARTIDOS POR GRUPOS
GRUPO A – http://gesliga.com/Clasificacion.aspx?Liga=142536
GRUPO B – http://gesliga.com/Clasificacion.aspx?Liga=143494
GRUPO C – http://gesliga.com/Clasificacion.aspx?Liga=143495
  • Información a través do Wasap de Capitanes. A administración do wasap a leva o alumno Nicolás Sebio García de 4º ESO A, a xestión da aplicación de resultados a leva Alexander Sala Dasilva de 2º Bach A.
  • Descarga da autorización para xogar os luns no horario de xantar ( de 14.30 – 16.30 h.). Colabora neste día Amador.
  • Desenvólvese o último día lectivo do 2º trimestre,venres 27/3/15 a actividade lúdico-deportiva organizada polo profesorado do Módulo de Xogos Anxo Gómez García co alumnado de 1º TSAAFD e colaboración do profesorado participante no PDC deste ano.

3º TRIMESTRE 2014-15

Relación de actividades desenvoltas e entradas no blog, reportaxes gráficos e videos sobidos as redes sociais con conta no centro:

Enlace a paxina web do PDC

Agradecer ao profesorado: Amador, Anxo, Xan e Montse a súa colaboración e implicación no programa deste ano, esperamos se animen a participar no vindeiro curso. Agradecer a súa labor ao alumnado coordinador de actividades: Nicolás ( Fútbol sala) , Leandro e Guillermo ( Skate)

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

 
A %d blogueros les gusta esto: