deXte: deportes e experiencias educativas

Bitácora do PDC do IES Sánchez Cantón de Pontevedra

Archive for the ‘día da muller traballadora’ Category

8 de marzo: brecha salarial e deporte

Posted by Paco Carral en 8 marzo, 2017

 

Charlotte_CooperDo mesmo xeito que ocurre na vida laboral normal, na que unha muller debe traballar entre 79  e 82 días máis que un home para poder cobrar o mesmo, no deporte, e neste caso falamos do tenis, tamén se mantén unha gran diferencia entre o que cobra un deportista e unha deportista. Tampouco axudan as declaracións, das que non se salvan nin xestores nin deportistas.

Neste 8 de marzo do 2017, ainda que moito se leva andado, todavía se manteñen grandes diferencias, ainda que o que pensa un cando lee estas declaracións é o de sempre: ¿quen elixe e manten nestes postos decisorios a xestores con opinións do siglo pasado?.

Podríamos preguntarnos tamén en qué ano comezaron a deixar entrar a xogar ao tenis as mulleres nos clubs, ou cal foi o primeiro torneo no que comezaron a cobrar, se a indumentaria coa que tiñan que xogar era tan cómoda como a que usaban os homes, se as raquetas que usaban se fabricaban adaptadas a o seu peso, altura e potencia de golpeo, cantas horas ou días tiñan pista dispoñible para adestrar, se tiñan adestradores cualificados que as quixeran entrenar ou o máis importante, se a súa familia as apoiaba cando falaban de xogar de xeito profesional… Na imaxen da entrada,  Charlotte Cooper unha das primeiras grandes xogadoras do tenis.

Para rematar adxuntamos un gráfico tomado de El pais, no que se valoran as diferencias todavía existentes entre as ganancias de homes e mulleres nos circuitos femeninos e masculinos do tenis a nivel mundial.

Premios según tipo de torneo WTA / ATP, (US$ millons)
  •  WTA / Circuito femenino (verde oscuro)
  •  ATP / Circuito masculino (verde claro)

el.pais

 

Posted in Actitudes, día da muller traballadora, Educación Física, Lecturas recomendadas Ed. Física, tenis | Etiquetado: , , | 1 Comment »

Atletismo: 1967 – 1984 a muller na historia da maratón, a ley Scheiss. 8 de marzo, día da muller traballadora

Posted by Paco Carral en 8 marzo, 2014

Ainda que o deporte parece unha actividade libre e as probas populares son precisamente eso, unha festa da participación donde todo o mundo ten cabida, esto non foi sempre así. Se nos remontamos ó ano 1967, podremos ver a Kathrine Switzer rompendo cunha tradición de 70 anos e sendo a primeira muller en correr a maratón de Boston. Naqueles tempos a muller viña recorrendo un camiño moi duro no referido a todo tipo de reivindicacións necesarias e xustas que se atopaban coa opinión machista que frecuentemente e sen razóns de ningún tipo lles facían quedar fora do que se consideraba patrimonio exclusivo do home.

Leer el resto de esta entrada »

Posted in Atletismo, día da muller traballadora, Educación Física, Tarea de ampliación | Etiquetado: , , , , , , , | Leave a Comment »