deXte: deportes e experiencias educativas

Bitácora do PDC do IES Sánchez Cantón de Pontevedra

Archive for the ‘salvamento’ Category

Curso de Adaptación de Salvamento acuático para a formación de certificados de profesionalidade: Coruña e Sanxenxo

Posted by maribelgutierrezmatilla en 18 abril, 2017

Ante as moitas consultas solicitadas por alumnos e ex alumnos do ciclo TSAAFD do IES Sánchez Cantón, realizamos as consultas correspondentes e vos pasamos a información que temos polo de agora relativa a formación para os que teñades máis prisa por solucionar o tema. Non descartamos ofertar no futuro un curso de adaptación dende o noso centro.

A Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia (FESSGA), Centro Formador Acreditado pola Consellería de Traballo e Benestar dá Xunta de Galicia, para a formación de certificados de profesionalidade, convoca un Curso de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en espazos acuáticos naturais para os alumnos xa titulados no Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e Técnicos de Actividades Físico deportivas. Este curso ten unha duración de 270 horas formativas, das cales: 70 horas son formativas, 80 horas son prácticas a realizar nun centro de libre elección do alumno e 120 horas validaríanse coa realización dunha proba de acceso antes do inicio do curso, que se celebraría o día mércores 26 de abril, hora e instalacións pendentes de concretar. A data límite de inscrición será o 24/04/2017, en caso de matrícula a última hora preguntar se quedan vacantes no curso, pois pagar e mandar a documentación o día anterior non garante inscrición no mesmo se este está completo. A FESSGA unicamente celebrará este curso nas súas instalacións da Coruña. Para acceder á convocatoria. http://fessga.es/Novedades.html .

  1. SOS en Instalaciones Acuáticas (CAFDO-IA)
  2. SOS en Espacios Acuáticos Naturales (CAFDO-EAN)

Agora adxuntamos as últimas informacións recibidas o 27/4/17

 

Anuncios

Posted in Educación Física, salvamento | 1 Comment »

Día de Salvamento na praia de Lapaman

Posted by maribelgutierrezmatilla en 16 marzo, 2017

O pasado 2 de Febreiro chevouse a cabo unha actividade cos alumnos de 2º TSAAFD na praia de lapaman. Alí estes comprobaron de primeira man a importancia do rescate nas praias e algunhas probas de salvamento deportivo.

Posted in Educación Física, salvamento, TSAAFD | Leave a Comment »