deXte: deportes e experiencias educativas

Bitácora do PDC do IES Sánchez Cantón de Pontevedra

Archive for 27 mayo 2016

I Copa de Campións da liga de Fútbol sala PDC 2015-16 no IES Sánchez Cantón, 27/5/2016

Posted by benisilva en 27 mayo, 2016

campeones

Hoxe venres 27 de maio, aproveitando a idea que nos plantexou Guillermo Hermida, o alumno coordinador da Liga de Fútbol sala deste curso 15 -16, organizamos un evento de Copa de Campións a  disputar entre os gañadores das 2 últimas ligas: O Dourada, gañador da liga 14-15 e o Schalquetemeto, gañador da recentemente disputada final da liga 15-16. Así que cun trofeo en disputa donado neste caso pola Asociación Aletheia de alumnos do IES Sánchez Cantón, organizamos o partido que se desenvoleu hoxe durante o recreo, de 11.30 – 12 h. O resultado final foi de 3 – 0 para o Dourada, ainda que o resultado era o de menos. O arbitraxe foi realizado por Guillermo. Agradecer a colaboración do alumnado de 2º bach deste ano e tamén a grata visita dos ex alumnos que nos visitaron hoxe para disfrutar con nos dun divertido rato de deporte e compañeirismo. A nosa copa de hoxe é un preludio da Champions que terá lugar mañán sábado e na que desexamos moita sorte aos 2 equipos españois en disputa. Coordinación actividade: Benigno Silba.

Ligazón ao reportaxe gráfico do partido na conta de facebook do IES Sánchez Cantón

Posted in Liga futbolsala, PDC 15-16 | Leave a Comment »

Final Liga Fútbol sala PDC 15-16

Posted by Paco Carral en 23 mayo, 2016

 

ganadores

23/05/16, luns tivo lugar entre as 17:00 e as 18:15 h a final da liga de fútbol sala – PDC 15-16. Xogáronse os partidos do 3º – 4º posto entre os equipos Caimanes e Gorilas e a final entre os equipos Patizambos – Shalke-temeto. Ao remate tivo lugar a entrega de trofeos. Agradecemos a arbitraxe do alumno Miguel Vilar Alvarez de 2º Bach E.
A final gañouna o SchalkeTemeto, mellor porteiro foi para Pablo Alonso (2º Bach E) do equipo Orebro e o mellor xogador do torneo foi Anxo Tato de 2º Bach D (SchalkeTeMeto).Coordinou Xan Rey, organizou Dto. Ed. Física

Ligazón a reportaxe gráfico da actividade.

Posted in Liga futbolsala, PDC 15-16 | Leave a Comment »

Semifinais Liga Fútbol Sala PDC 15-16, xornada 13/5/16

Posted by benisilva en 13 mayo, 2016

Equipo Finalista Patizambos

Equipo Finalista Patizambos

Xornada de semifinais do PDC 15-16. Os penaltis foron tamén a forma de decidir este interesante e disputado partido o venres 13/5/16 no pabellón do Sánchez Cantón entre os equipos de Patizambos e Gorilas, partido que rematou 0 – 0. Nos penaltis pasou a final Patizampos.A final a xogarán Patizambos e Shalke-temeto, o 3º – 4º posto o xogarán Gorilas e Caimanes. Reportaxe grafico: Benigno Silva

Posted in Liga futbolsala, PDC 15-16 | Leave a Comment »

Semifinais liga fútbol sala PDC 12/5/16

Posted by Paco Carral en 12 mayo, 2016

penalti

Xornada de semifinais do PDC 15-16. Os penaltis foron tamén a forma de decidir este interesante e disputado partido o xoves 12/5/16 no pabellón do Sánchez Cantón entre os equipos de Caimanes e Shalke-temeto, partido que rematou 1 – 1 logo do tempo regulamentario. Nos penaltis pasou a final Schalke-temeto. Ligazón  a reportaxe gráfico da xornada. Arbitrou Nicolás Sebio.

Posted in Liga futbolsala, PDC 15-16 | Leave a Comment »

Cuartos de final 9/5/16

Posted by Paco Carral en 9 mayo, 2016

 

penaltis

Xornada de cuartos de final do PDC 15-16. Os penaltis foron a forma de decidir este interesante e disputado partido o luns 9/5/16 no pabellón do Sánchez Cantón entre os equipos de Caimanes e Orebro, partido que rematou 0 – 0 logo do tempo regulamentario. Nos penaltis pasou Caimanes. Ligazón a reportaxe gráfico da xornada.

Posted in Educación Física, Liga futbolsala, PDC 15-16 | Leave a Comment »

Práctica Acrosport nos recreos

Posted by montseferreira en 5 mayo, 2016

Os días nos que non hai partidos podes vir practicar acrosport no recreo. So tes que falar co profesor ou profesora de garda nese momento e habilitarase unha parte do pavillón para que practiques.

DSC_0014

DSC_0038

DSC_0040

DSC_0280

DSC_0284

Posted in 3º ESO, Acrosport, Educación Física, PDC 15-16 | Leave a Comment »

Cuartos de final Liga Fútbol Sala PDC 15-16, xornada 3/5/16

Posted by Paco Carral en 3 mayo, 2016

portada

Xornada do 3/5/16 da liga de Fútbol sala PDC 15-16, partido de cuartos de final disputado ante numeroso público no patio do centro entre os equipos de Patizambos e Vigor Extremo. O encontro rematou co resultado de 4 – 1. Engadimos ligazón a reportaxe gráfico do partido. Fotos: Paco P. Carral

Posted in Liga futbolsala, PDC 15-16 | Leave a Comment »