deXte: deportes e experiencias educativas

Bitácora do PDC do IES Sánchez Cantón de Pontevedra

Archive for 12 marzo 2020

Hoxe visitounos o C.B Arxil

Posted by maribelgutierrezmatilla en 12 marzo, 2020

aed354b5-4857-43fd-99b2-175acfd1ae57

Imaxes da actividade desenvolta o 12/3/20, Xoves, de 9:50 –10:40    para 3ESOA no Pabellón do Sánchez. Agradecer a colaboración do Club Arxil femenino de baloncesto durante a clase de Educación Física. 

 

Posted in Educación Física, PDC, PDC 19/20 | Leave a Comment »

12/3/20 Liga Colpbol

Posted by maribelgutierrezmatilla en 12 marzo, 2020

 

Adxuntamos ligazón a reportaxe gráfico da xornada do 12/3/20, partido disputado no recreo de 11.30 – 12 h. correspondente a liga de COLPBOL que iniciamos no mes de xaneiro / 20020. Para calquer duda que teñades falar con Maribel Gutiérrez, prof. de Ed. Física nos recreos correspondentes no pabellón. Tamén a información está ubicada na entrada do pabellón.

Ligazón a inf. LIGA DE COLPBOL

Posted in Colpbol, Educación Física, PDC, PDC 19/20, recreos deportivos | Leave a Comment »

Cursos de Socorrismo TSEASD 2020

Posted by Paco Carral en 2 marzo, 2020

Adxuntamos información sobre convocatoria e lexislación sobre cursos de socorrismo a desenvolver no 2º trimestre deste curso 19/20 de interés para o noso alumnado do Ciclo TSEASD do IES Sánchez Cantón e alumnado de promocións anteriores.

Tamén adxuntamos a convocatoria os cursos da Academiga Galega de Seguridade a desenvolver en A ESTRADA , acompañamos ligazón a resolucion publicada no DOGA.

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2020 pola que se convocan cursos de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDO-IA) e en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN), para licenciados ou graduados en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e técnicos superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas, co obxectivo de acadar a formación mínima que deben reunir os/as socorristas acuáticos/as para o seu exercicio profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.onvocatoria socorristas

Nas bases está descrita a proba práctica de acceso a realizar, o tempo mínimo a acadar e o material necesario que deberán levar as/os aspirantes.

Posted in Educación Física, Primeros auxilios, salvamento, TSEASD | Leave a Comment »