deXte: deportes e experiencias educativas

Bitácora do PDC do IES Sánchez Cantón de Pontevedra

Archive for the ‘PDC 16-17’ Category

Xornada 20/4/17 Liga Fútbol sala PDC IES Sánchez Cantón Pontevedra

Posted by alexandreperezgomez en 20 abril, 2017

Na xornada 20/4/17, da liga de fútbol sala do PDC do IES Sánchez Cantón, disputouse o parido entre os equipos de Borussia donut – Gorilas, co resultado final de 1-3, Agradecer ao alumno José Pereira, de 2º Bach D o reportaxe gráfico desta actividade, e ao profesor Cristóbal Moreira, a xestión do calendario e resultados desta 1ª fase da liga que rematou hoxe. O vindeiro luns día 24, no paraninfo, terá lugar o sorteo da seguinte fase, estando convocados os capitáns dos equipos clasificados.

Ligazón ao reportaxe gráfico do partido

Posted in Educación Física, Liga fútbol sala PDC 16/17, Liga futbolsala, PDC 16-17 | Leave a Comment »

Xornada 19/4/17 Liga Fútbol sala

Posted by crismorcal en 19 abril, 2017

Na xornada 19/4/17, da liga de fútbol sala do PDC do IES Sánchez Cantón, disputouse o partido entre os equipos Vigor Patizambo –  Pandatinaikos  co resultado de 2 -0. Reportaxe gráfico: Esteban Pinilla

Ligazón ao reportaxe gráfico do partido

Posted in Educación Física, Liga fútbol sala PDC 16/17, Liga futbolsala, PDC 16-17 | Leave a Comment »

Torneo de Bádminton PDC 16/17: calendario

Posted by crismorcal en 27 marzo, 2017

calendario.badminton

Adxuntamos ligazón ao calendario de partidos e resultados da liga de Bádminton PDC 16/17 que vai a desenvolverse a partires do venres 31 de marzo no Pabellón e que nos remitiu o alumno coordinador desta actividade Jorge González Fernández de 1º TSAAFD. Esta actividade coordínase dende o Módulo de Deportes de Implemento de 1º TSAAFD, prof. Anxo Gómez García.

Agradecementos: colaboración da ANPA O Verxel

Posted in Educación Física, liga badminton pdc 16/17, PDC 16-17 | Leave a Comment »

Torneo Tenis de mesa PDC 16/17

Posted by crismorcal en 27 marzo, 2017

cartel.tenisdemesa

A partires do venres 31/03/2017 iniciase o torneo de Tenis de Mesa, que terá lugar no pabellón do Sánchez Cantón en horario de recreos. Organiza José Luís Garrido Sanz, 1º TSAAFD dentro do módulo de Deportes de Implemento que imparte o profesor Anxo Gómez García. Adxuntamos calendario de partidos e resultados. No ligazón iranse actualizando o calendario e os resultados e cruces do campeonato. Animar tamén ao profesorado do Sánchez a participar nesta actividade. Hoxe publicouse o aviso desta liga e da de bádminton no foro do alumnado e profesorado.

Agradecementos: colaboración da ANPA O Verxel

Posted in Educación Física, Liga Tenis de mesa PDC 16/17, PDC 16-17 | 1 Comment »

Torneo de Bádminton PDC 16/17

Posted by crismorcal en 24 marzo, 2017

badminton.cartel

A partires do venres 31/03/17 iniciase o torneo de Bádminton, que terá lugar no pabellón do Sánchez Cantón os venres en horario de recreos. Organiza Jorge González Fernández, 1º TSAAFD dentro do módulo de Deportes de Implemento que imparte Anxo Gómez García. . Iremos informando sobre os resultados. Animar ao profesorado do Sanchez a participar nesta actividade.

Agradecementos: colaboración da ANPA O Verxel

Posted in Educación Física, liga badminton pdc 16/17, PDC 16-17 | Leave a Comment »

Resultados liga fútbol sala

Posted by crismorcal en 15 marzo, 2017

resultados.liga.fsala.15.3.17

Adxuntamos os Resultados actualizados a 15 de marzo de 2017 da liga de fútbol sala do Proxecto Deportivo de Centro do Sánchez 16/17.

Agradecementos: colaboración da ANPA O Verxel

Posted in Educación Física, Liga fútbol sala PDC 16/17, Liga futbolsala, PDC 16-17 | Leave a Comment »

CLASIFICACIÓN LIGA COLPBOL 1/8 DE FINAL

Posted by maribelgutierrezmatilla en 9 febrero, 2017

Mañá xóganse os últimos partidos de oitavos de final , e o mércores 15 comezaranse xa cos cuartos de final. Esperámosche nos recreos para que aprendas a xogar a este novo deporte e animes aos equipos que se enfrontan!.fase-final-colpbol-1

Agradecementos: colaboración da ANPA O Verxel

Posted in Educación Física, PDC 16-17 | Leave a Comment »

Pablo Cimadevila. Campeón Paraolímpico de Natación

Posted by irenebarreiro en 27 enero, 2017

Onte tivemos o pracer de coñecer persoalmente a Pablo Cimadevila; que ademáis de Campeón Paraolímpico,  un recoñecido deseñador de xoias, e agora tamén YouTuber….pareceunos verdadeiramente un “crack” como persoa.

Agradecémoslle a sua cercanía e todo o que nos ensinou a través das suas experiencias.

20170126_140144

A charla tivo lugar na Biblioteca do IES Sánchez Cantón o 26 de Xaneiro de 12.00 a 14.00 e foi organizada desde o módulo de AF para persoas con discapacidade polas alumnas Lucía Peiteado e Paula Reboredo e baixo a supervisión da profesora Irene Barrero.

http://www.pablocimadevila.es

Posted in Educación Física, Natación, PDC 16-17, TSAAFD | Leave a Comment »

Actividade Física Adaptada para rapaces con Sindrome de Down

Posted by irenebarreiro en 24 enero, 2017

Esta mañá (martes 24 de xaneiro) de 10.30 a 12.30 no Pavillón de Deportes,  os nosos  alumnos de 2º de TSAAFD  compartiron con algúns integrantes da  Asociación SÍndrome de Down de Pontevedra “Xuntos” ,unha sesión  de actividades físicas adaptadas.

A sesión  foi dirixida por Luís Montes (ao que queremos agradecer a súa disposición e  tempo) e organizada polo alumno Javier Santana coa supervisión da profesora Irene Barreiro  desde o modulo de AF  para persoas con discapacidade.

1485272168044

Podedes ver máis imáxes da actividade premendo na foto.

Posted in Educación Física, PDC 16-17, TSAAFD | Leave a Comment »

Semana branca en Andorra 16/17

Posted by Paco Carral en 24 enero, 2017

006f790d-d114-4feb-b3ac-ddc350eb2cf5

O alumnado de 3º e 4º ESO e do Ciclo TSAAFD está a disfrutar nestes días dunha semana branca na estación de Soldeu Tarter en Andorra. Acompañan ao alumnado Eladio Otero e Xosé Luís Janeiro. Engadidas últimas fotos recibidas o 23/1/17. Iremos subindo as fotos que nos vaian remitindo. Ligazón a reportaxe gráfico na nosa conta de facebook do IES Sánchez Cantón de Pontevedra.

Ligazón ao reportaxe gráfico  e ao audiovisual da semana branca do 15/16

Posted in 3º ESO, 4º ESO, Actividades en la naturaleza, Educación Física, Esqui, PDC 16-17, semana branca | Etiquetado: | Leave a Comment »