deXte: deportes e experiencias educativas

Bitácora do PDC do IES Sánchez Cantón de Pontevedra

PDC13/14

Entre esta páxina do blog e a web de xestión de actividades do insti, iremos levando constancia de toda a información e memoria do Programa deportivo de centro que o IES Sánchez Cantón desenvolve por primeira vez neste curso escolar 2013-14. O alumnado interesado en participar falará co seu profesor/a de Ed. Física ou irá directamente ó pabellón do centro no horario de recreo de 11.30 -12 h. de luns a venres para informarse sobre as actividades a desenvolver en cada trimestre. Este ano a xefatura de estudios asignou un profesor para cada recreo no pabellón, o que posibilita de xeito efectivo o desenvolvemento deste programa. Agradecer a Pepe Lijó, o noso Xefe de Estudios a súa implicación e valoración do programa, xa que isto posibilitou o seu desenvolvemento coa asignación do profesorado correspondente ás gardas de recreo que por primeira vez neste ano abarcaron tamén ó pabellón de xeito específico. No meu caso esta era unha vella teima, xa que dende o ano 1988 veño realizando actividades de recreo noutros centros nos que estiven destinado e era a primeira vez que o facemos cunha garda asignada para a maioría dos colaboradores e se todo sae ben finalmente, cun recoñecemento formativo que teremos que aplaudir á Consellería se efectivamente nos recoñecen este esforzo que por outra parte tamén nos resulta motivador en sí mesmo.

Ademáis temos que agradecer a implicación voluntaria dalgúns compañeiros, moitos deles en horario de clase afectado polas actividades e sobre todo os profesores de garda de recreo e nos días de actividades colectivas de máxima participación e eventos fin de trimestre e demáis. Agradecer tamén a inestimable axuda de alumnado colaborador de 1º bach durante todo o 2º e 3º trimestre e alumnado de 1º TSAAFD, responsable dalgunhas activiades: Carla e Iria e outras que se desenvolverán xa nos últimos días e nas que colabora todo o alumnado do ciclo TSAAFD.

Agradecer tamén á consellería a iniciativa do PDC, solicitando tamén neste sentido que esta iniciativa se manteña e se complemente cunha asignación presupuestaria que permita abordar accións e adquisicións de material que facilitarían e promoverían todavía máis o desenvolvemento deste tipo de programas. O diñeiro non é o máis importante, pero axuda moito, así como un recoñecemento horario formativo maior que ó fin e o cabo non requeriría dunha gran inversión e sí motivaría a algúns maís…

A continuación adxuntamos o texto do Documento do proxecto presentado  para a súa aprobación dentro do plan PROXECTA. 2013-14 . Como elemento de comunicación co alumnado para as actividades utilizamos o foro xeral do Alumnado. O alumnado recibe un correo cando hai unha comunicación no foro. Para que esto funcione deste xeito o alumnado debe ter actualizado o seu correo electrónico no seu perfil da aula virtual. Se o alumno ten ademáis sincronizada a súa conta de email no seu smartphone, a comunicación será moito máis efectiva e neste sentido teremos que ir avanzando instruindo ó noso alumnado nos primeiros días de cada curso para que este canal informativo funcione cada vez mellor.

A continuación engadimos uns enlaces donde se detallan na nosa aula virtual os obxectivos fixados en xeral para as actividades deportivas no noso centro e que facemos extensivas dentro do PDC deste ano, así como a normativa de participación enmarcada no RRI do centro e nas modificacións sobre actividades aprobadas no Consello Escolar.

Para o desenvolvemento desta memoria de actividades desenvoltas utilizamos o blog deXte, “deportes y experiencias educativas”  e o facemos a través desta páxina, así como editando unha entrada sobre cada actividade ou tema que consideramos vertebrador deste programa pola súa relevancia. En cada entrada, case en todas engadimos ademáis unha galería ou presentación con fotografías e ou reseñas sobre a actividade e as persoas que a fixeron posible. Esto nos permite categorizar todas as entradas relacionadas co PDC e deste xeito, levar a información relativamente ben organizada, podéndose facer un bo seguemento das activiades desenvoltas e ver tamén o grado de participación. Agradecer ós nosos editores Enrique, Montse, Anxo, Pepe e Telmo as súas colaboracións nas entradas incluidas neste blog para as distintas actividades desenvoltas con motivo do PDC 2013-14.

1º TRIMESTRE 2013-14

Dentro das actividades a desenvolver no 1º trimestre están o  Taller de bádminton e o taller de tenis de mesa, así como a actividade de xogo libre nas pistas exteriores cando o tempo así o permite.

Entre as actividades que complementan ós talleres e que se desenvolveron durante o 1º trimestre  debemos sinalar:

  • Desenvolvemento de taller, práctica e xogo libre na disciplina de bádminton durante todo o 1º trimestre.
  • Desenvolvemento de taller, práctica e xogo libre na disciplina de tenis de mesa..
  • Distribución de entradas para o partido Teucro-Granollers  do 11/12/13 as 20.45 h. que facilitaron ó centro os responsables da A.D. Teucro.
  • Actividade multideportiva  desenvolta o venres 21/12/14, o último día de clase do trimestre entre as 9.00 e as 11.30 con participación dos niveis educativos de 1º, 2º , 3º e 4º ESO nas actividades de bádminton e patinaxe no pabellón, tenis de mesa no sótano 2 e fútbol sala e baloncesto no patio exterior. Agradecer a colaboración do alumnado de 1º TSAAFD nas tarefas de animación realizadas. Enlace a presentación con fotografías durante a actividade.

2º TRIMESTRE 13-14

Da man do noso compañeiro Enrique Rey, o alumnado de 1º Bach colaborou no 2º trimestre na organización e desenvolvemento de novas actividades dentro do PDC. As actividades que se desenvolveron son Bádminton individuales, Bádminton parellas, Fútbol sala, Baloncesto 3X3, voleibol e Floorball. Tratouse de competicións abertas a todo o alumnado coa organización de ligas en cada especialidade deportiva. O alumnado colaborador de 1º bacharelato está a colaborar na confección dos calendarios de participación e control das actividades para os máis pequenos. Esta colaboración está coordinada por Enrique, quen estabaleceu con eles unha serie de condicións para a consecución dun punto extra na materia de Educación Física que nos parece interesante para manter nun futuro, ainda que como él dí, ainda hai moito que mellorar nesta parcela. A información sobre calendarios de participación e clasificación estivo situada nos taboeiros dispostos no vestíbulo do insti, xusto ó lado da entrada.

  • Entre as novas a resaltar, comunicar que o luns 10/3/2014 solicitamos a nosa adhesión ó programa “Galicia Saudable”. Máis adiante iremos informando sobre as repercusións que isto terá en canto nos chegue máis información.

  • 20/3/14: venres: Exhibición de kárate dentro do PDC 2013-14. As 11.30 no pabellón do Instituto Sánchez Cantón de Pontevedra. A exhibición de kárate contou coa participación de Iria Pérez e Diego Anguita, 2º y 1er dan de karate respectivamente, pertencentes ó Ximnasio Shotokan de Vigo e Asociación Deportiva Zanshin de Vigo. A exhibición constou dunha demostración de varias katas de nivel alto e varios traballos por parella, xunto cunha simulación de combate e unha demostracion dunha kata de kobudo, especialidade do Kárate consistente nunha exhibición con armas. Enlace a presentación con fotografías  durante a actividade que foi seguida masivamente polo noso alumnado, esta vez nas gradas.

  • 7/ 04/2014, Luns, de 11.30 – 12.00 h. Taller sobre surf a cargo dos especialistas da empresa PradosurfO taller contou coa participación dun grupo de alumnas e alumnos do centro que atenderos ás explicacións dos técnicos de Pradosurf.  O surf é unha especialidade en auxe actualmente e na que se combinan aspectos tan importantes como o equilibrio, a coordinación e a percepción de sensacións de deslizamento no medio acuático moi gratificantes. O encoro no que practicarán os que se animen a probar a oferta plantexada por esta empresa será a praia de A Lanzada. Esperemos que no seu bautismo de surf conten cunha boa metereoloxía. Enlace a presentación con fotografías durante a actividade

  • 9/4/14 Xoves de 11.30 – 12.00 h no Pabellón: Sesión de Zumba a cargo da alumna de 1º TSAAFD Carla Novoa. A actividade tivo lugar no Pabellón de 11.30 – 12 h. O alumnado foi avisado nas aulas o venres día 4. A actividade foi con diferencia a de maior concentración de participación nun día. A participación das rapazas foi masiva. A actividade foi tamén comunicada a través de foro de comunicacións do alumnado e carteis. A continuación poñemos un enlace á presentación con fotografías durante a actividade.

3º TRIMESTRE 13-14 (Todavía en edición)

  • Continuan as ligas nas especialidades de Bádminton individuales, Bádminton parellas, Fútbol sala, Baloncesto 3X3, voleibol e Floorball     iniciadas no 2º trimestre coa colaboración do alumnado de 1º bach.

  • 8/5/14 Xoves de 11.30 a 13.15 h. INSTI EN BICI.  Ruta de 7 km para escolares con saída dende o IES A xunqueira, Illa das Esculturas, Xunqueira de Alba e casco urbano. A actividade foi comunicasda a través do foro de comunicacións do alumnado. Logo da actividade incluiremos un enlace á galería de fotografías da actividade, para o cal precisamos a colaboración de todos se remitides algunhas das fotos que realicedes ó correo de contacto fpc.gestion@gmail.com.

  • 27/5/14 Luns, de 12.50  a 13.40  Partido Profesores – Alumnos . Xogaron polos profesores: Enrique, Fran, Xosé Manuel, Anxo, Jose e Pepe, agradecendo a inestimable axuda de Miki (1º TSAAFD) na portería. Polos alumnos xogaron: Samuel, Guille, Álvaro, Carlos, Xandre e Calixto. Agradecer tamén o traballo arbitral de Alexandre nas labores de arbitraxe. Enlace ás fotografías do partido.
  • 20/6/14 Venres, de 10.40 – 11.30 h. e de 12.00 – 12.50:  actividades deportivas para 1º e 2º ESO, de 11.30 – 12.00 h. final de fútbol sala dos pequenos e de 12.00 – 12.50 h. Concerto cos grupos: asaz e Abyss of Insane.  Agradecer a colaboración do alumnado de 1º TSAAFD.

A continuación incluimos un enlace á categoría con todas as entradas no Blog deXte relacionadas co Programa Deportivo de Centro 2013-14

ENLACES

Redeiras

Plan proxecta

Programas deportivos de centro

Inestimable axuda editora

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

 
A %d blogueros les gusta esto: