deXte: deportes e experiencias educativas

Bitácora do PDC do IES Sánchez Cantón de Pontevedra

Archive for 27 enero 2017

Pablo Cimadevila. Campeón Paraolímpico de Natación

Posted by irenebarreiro en 27 enero, 2017

Onte tivemos o pracer de coñecer persoalmente a Pablo Cimadevila; que ademáis de Campeón Paraolímpico,  un recoñecido deseñador de xoias, e agora tamén YouTuber….pareceunos verdadeiramente un “crack” como persoa.

Agradecémoslle a sua cercanía e todo o que nos ensinou a través das suas experiencias.

20170126_140144

A charla tivo lugar na Biblioteca do IES Sánchez Cantón o 26 de Xaneiro de 12.00 a 14.00 e foi organizada desde o módulo de AF para persoas con discapacidade polas alumnas Lucía Peiteado e Paula Reboredo e baixo a supervisión da profesora Irene Barrero.

http://www.pablocimadevila.es

Posted in Educación Física, Natación, PDC 16-17, TSAAFD | Leave a Comment »

Actividade Física Adaptada para rapaces con Sindrome de Down

Posted by irenebarreiro en 24 enero, 2017

Esta mañá (martes 24 de xaneiro) de 10.30 a 12.30 no Pavillón de Deportes,  os nosos  alumnos de 2º de TSAAFD  compartiron con algúns integrantes da  Asociación SÍndrome de Down de Pontevedra “Xuntos” ,unha sesión  de actividades físicas adaptadas.

A sesión  foi dirixida por Luís Montes (ao que queremos agradecer a súa disposición e  tempo) e organizada polo alumno Javier Santana coa supervisión da profesora Irene Barreiro  desde o modulo de AF  para persoas con discapacidade.

1485272168044

Podedes ver máis imáxes da actividade premendo na foto.

Posted in Educación Física, PDC 16-17, TSAAFD | Leave a Comment »

Semana branca en Andorra 16/17

Posted by Paco Carral en 24 enero, 2017

006f790d-d114-4feb-b3ac-ddc350eb2cf5

O alumnado de 3º e 4º ESO e do Ciclo TSAAFD está a disfrutar nestes días dunha semana branca na estación de Soldeu Tarter en Andorra. Acompañan ao alumnado Eladio Otero e Xosé Luís Janeiro. Engadidas últimas fotos recibidas o 23/1/17. Iremos subindo as fotos que nos vaian remitindo. Ligazón a reportaxe gráfico na nosa conta de facebook do IES Sánchez Cantón de Pontevedra.

Ligazón ao reportaxe gráfico  e ao audiovisual da semana branca do 15/16

Posted in 3º ESO, 4º ESO, Actividades en la naturaleza, Educación Física, Esqui, PDC 16-17, semana branca | Etiquetado: | Leave a Comment »