deXte: deportes e experiencias educativas

Bitácora do PDC do IES Sánchez Cantón de Pontevedra

Archive for the ‘Liga futbolsala’ Category

Resultados liga fútbol sala

Posted by Paco Carral en 15 marzo, 2017

resultados.liga.fsala.15.3.17

Adxuntamos os Resultados actualizados a 15 de marzo de 2017 da liga de fútbol sala do Proxecto Deportivo de Centro do Sánchez 16/17. que nos pasou o noso compañeiro Cristóbal Moreira Cal

Posted in Educación Física, Liga futbolsala, PDC 16-17 | Leave a Comment »

Sorteo liga Fútbol sala PDC. celebrado o xoves 13/10/16

Posted by Paco Carral en 13 octubre, 2016

sorteo

Conforme a convocatoria previa no foro, durante o recreo do xoves 13/10/16 , no paraninfo tivo lugar o tradicional sorteo da liga coa presenza dos capitáns e algúns xogadores As papeletas foron mostrándose unha por unha e anunciando o nome de cada un dos 24 equipos inscritos antes de ilos poñendo na caixa.Cando rematamos, procedeuse a estracción das papeletas e conforme as fomos sacando adxudicamos de xeito ordenado 1 equipo a cada un dos 4 grupos.

Para darlle un aire máis solemne ao evento puxemos a cartulina nun cabalete e utilizamos a megafonía, e sí, puxemos o himno da champions.. Rematado o sorteo pasamos unha foto dos resultados para que os capitáns estén debidamente informados. En breve publicarase o calendario na páxina da liga e do PDC.

 

 

Posted in Educación Física, Liga futbolsala, PDC, PDC 16-17 | Leave a Comment »

I Copa de Campións da liga de Fútbol sala PDC 2015-16 no IES Sánchez Cantón, 27/5/2016

Posted by benisilva en 27 mayo, 2016

campeones

Hoxe venres 27 de maio, aproveitando a idea que nos plantexou Guillermo Hermida, o alumno coordinador da Liga de Fútbol sala deste curso 15 -16, organizamos un evento de Copa de Campións a  disputar entre os gañadores das 2 últimas ligas: O Dourada, gañador da liga 14-15 e o Schalquetemeto, gañador da recentemente disputada final da liga 15-16. Así que cun trofeo en disputa donado neste caso pola Asociación Aletheia de alumnos do IES Sánchez Cantón, organizamos o partido que se desenvoleu hoxe durante o recreo, de 11.30 – 12 h. O resultado final foi de 3 – 0 para o Dourada, ainda que o resultado era o de menos. O arbitraxe foi realizado por Guillermo. Agradecer a colaboración do alumnado de 2º bach deste ano e tamén a grata visita dos ex alumnos que nos visitaron hoxe para disfrutar con nos dun divertido rato de deporte e compañeirismo. A nosa copa de hoxe é un preludio da Champions que terá lugar mañán sábado e na que desexamos moita sorte aos 2 equipos españois en disputa. Coordinación actividade: Benigno Silba.

Ligazón ao reportaxe gráfico do partido na conta de facebook do IES Sánchez Cantón

Posted in Liga futbolsala, PDC 15-16 | Leave a Comment »

Final Liga Fútbol sala PDC 15-16

Posted by Paco Carral en 23 mayo, 2016

 

ganadores

23/05/16, luns tivo lugar entre as 17:00 e as 18:15 h a final da liga de fútbol sala – PDC 15-16. Xogáronse os partidos do 3º – 4º posto entre os equipos Caimanes e Gorilas e a final entre os equipos Patizambos – Shalke-temeto. Ao remate tivo lugar a entrega de trofeos. Agradecemos a arbitraxe do alumno Miguel Vilar Alvarez de 2º Bach E.
A final gañouna o SchalkeTemeto, mellor porteiro foi para Pablo Alonso (2º Bach E) do equipo Orebro e o mellor xogador do torneo foi Anxo Tato de 2º Bach D (SchalkeTeMeto).Coordinou Xan Rey, organizou Dto. Ed. Física

Ligazón a reportaxe gráfico da actividade.

Posted in Liga futbolsala, PDC 15-16 | Leave a Comment »

Semifinais Liga Fútbol Sala PDC 15-16, xornada 13/5/16

Posted by benisilva en 13 mayo, 2016

Equipo Finalista Patizambos

Equipo Finalista Patizambos

Xornada de semifinais do PDC 15-16. Os penaltis foron tamén a forma de decidir este interesante e disputado partido o venres 13/5/16 no pabellón do Sánchez Cantón entre os equipos de Patizambos e Gorilas, partido que rematou 0 – 0. Nos penaltis pasou a final Patizampos.A final a xogarán Patizambos e Shalke-temeto, o 3º – 4º posto o xogarán Gorilas e Caimanes. Reportaxe grafico: Benigno Silva

Posted in Liga futbolsala, PDC 15-16 | Leave a Comment »

Semifinais liga fútbol sala PDC 12/5/16

Posted by Paco Carral en 12 mayo, 2016

penalti

Xornada de semifinais do PDC 15-16. Os penaltis foron tamén a forma de decidir este interesante e disputado partido o xoves 12/5/16 no pabellón do Sánchez Cantón entre os equipos de Caimanes e Shalke-temeto, partido que rematou 1 – 1 logo do tempo regulamentario. Nos penaltis pasou a final Schalke-temeto. Ligazón  a reportaxe gráfico da xornada. Arbitrou Nicolás Sebio.

Posted in Liga futbolsala, PDC 15-16 | Leave a Comment »

Cuartos de final 9/5/16

Posted by Paco Carral en 9 mayo, 2016

 

penaltis

Xornada de cuartos de final do PDC 15-16. Os penaltis foron a forma de decidir este interesante e disputado partido o luns 9/5/16 no pabellón do Sánchez Cantón entre os equipos de Caimanes e Orebro, partido que rematou 0 – 0 logo do tempo regulamentario. Nos penaltis pasou Caimanes. Ligazón a reportaxe gráfico da xornada.

Posted in Educación Física, Liga futbolsala, PDC 15-16 | Leave a Comment »

Cuartos de final Liga Fútbol Sala PDC 15-16, xornada 3/5/16

Posted by Paco Carral en 3 mayo, 2016

portada

Xornada do 3/5/16 da liga de Fútbol sala PDC 15-16, partido de cuartos de final disputado ante numeroso público no patio do centro entre os equipos de Patizambos e Vigor Extremo. O encontro rematou co resultado de 4 – 1. Engadimos ligazón a reportaxe gráfico do partido. Fotos: Paco P. Carral

Posted in Liga futbolsala, PDC 15-16 | Leave a Comment »

Cuartos de final 26/4/16 Liga fútbol sala

Posted by Paco Carral en 27 abril, 2016

blog.liga

Durante o recreo do 26/4/16 tivo lugar o cruce de cuartos de final da liga de fútbol sala PDC 15-16 entre los equipos La mojada y Schalque-temeto con un resultado de o – 2. Adxuntamos ligazón ao reportaxe gráfico da actividade. Agradecer a boa labor dos árbitros e o bo comportamento do público. A actividade estivo coordinada por Xan Rey Durán, reportaxe gráfico Paco Carral.

 

Posted in Liga futbolsala, PDC 15-16 | Leave a Comment »

PDC 15-16 Resultados ligas fútbol sala, balonmán e baloncesto actualizado 23/2/16

Posted by Paco Carral en 23 febrero, 2016

IMG_20160118_162319Engadimos ligazón a resultados das ligas de fútbol sala, balonmán e baloncesto na páxina do PDC 15-16 e ligazón a nosa conta de facebook coas capturas de pantalla dos resultados dos distintos deportes realizadas o 23/2/16. Agradecer a labor do alumnado encargado de engadir os resultados das distintas xornadas na aplicación todotorneos.es

 

Posted in Liga baloncesto, Liga balonmano, Liga futbolsala, PDC 15-16 | Leave a Comment »