deXte: deportes e experiencias educativas

Bitácora do PDC do IES Sánchez Cantón de Pontevedra

Archive for 27 marzo 2017

Torneo de Bádminton PDC 16/17: calendario

Posted by crismorcal en 27 marzo, 2017

calendario.badminton

Adxuntamos ligazón ao calendario de partidos e resultados da liga de Bádminton PDC 16/17 que vai a desenvolverse a partires do venres 31 de marzo no Pabellón e que nos remitiu o alumno coordinador desta actividade Jorge González Fernández de 1º TSAAFD. Esta actividade coordínase dende o Módulo de Deportes de Implemento de 1º TSAAFD, prof. Anxo Gómez García.

Agradecementos: colaboración da ANPA O Verxel

Anuncios

Posted in Educación Física, liga badminton pdc 16/17, PDC 16-17 | Leave a Comment »

Torneo Tenis de mesa PDC 16/17

Posted by crismorcal en 27 marzo, 2017

cartel.tenisdemesa

A partires do venres 31/03/2017 iniciase o torneo de Tenis de Mesa, que terá lugar no pabellón do Sánchez Cantón en horario de recreos. Organiza José Luís Garrido Sanz, 1º TSAAFD dentro do módulo de Deportes de Implemento que imparte o profesor Anxo Gómez García. Adxuntamos calendario de partidos e resultados. No ligazón iranse actualizando o calendario e os resultados e cruces do campeonato. Animar tamén ao profesorado do Sánchez a participar nesta actividade. Hoxe publicouse o aviso desta liga e da de bádminton no foro do alumnado e profesorado.

Agradecementos: colaboración da ANPA O Verxel

Posted in Educación Física, Liga Tenis de mesa PDC 16/17, PDC 16-17 | 1 Comment »

Torneo de Bádminton PDC 16/17

Posted by crismorcal en 24 marzo, 2017

badminton.cartel

A partires do venres 31/03/17 iniciase o torneo de Bádminton, que terá lugar no pabellón do Sánchez Cantón os venres en horario de recreos. Organiza Jorge González Fernández, 1º TSAAFD dentro do módulo de Deportes de Implemento que imparte Anxo Gómez García. . Iremos informando sobre os resultados. Animar ao profesorado do Sanchez a participar nesta actividade.

Agradecementos: colaboración da ANPA O Verxel

Posted in Educación Física, liga badminton pdc 16/17, PDC 16-17 | Leave a Comment »

Día de Salvamento na praia de Lapaman

Posted by maribelgutierrezmatilla en 16 marzo, 2017

O pasado 2 de Febreiro chevouse a cabo unha actividade cos alumnos de 2º TSAAFD na praia de lapaman. Alí estes comprobaron de primeira man a importancia do rescate nas praias e algunhas probas de salvamento deportivo.

Posted in Educación Física, salvamento, TSAAFD | Leave a Comment »

Cartos de final e semifinais COLPBOL

Posted by maribelgutierrezmatilla en 16 marzo, 2017

colpbol

A liga de Colpbol remata o día 29 de Marzo. Neste último partido farase entrega dos premios para os finalistas clasificados. A primeira semifinal llevarase a cabo o día 22 de Marzo, onde enfrentaranse os equipos de Pequenos liantes e Pequenos xigantes. O próximo venres coñeceremos o rival do equipo Santos venres cara a segunda semifinal.

Agradecementos: colaboración da ANPA O Verxel

Posted in Educación Física, PDC | Leave a Comment »

Resultados liga fútbol sala

Posted by crismorcal en 15 marzo, 2017

resultados.liga.fsala.15.3.17

Adxuntamos os Resultados actualizados a 15 de marzo de 2017 da liga de fútbol sala do Proxecto Deportivo de Centro do Sánchez 16/17.

Agradecementos: colaboración da ANPA O Verxel

Posted in Educación Física, Liga fútbol sala PDC 16/17, Liga futbolsala, PDC 16-17 | Leave a Comment »

8 de marzo: brecha salarial e deporte

Posted by Paco Carral en 8 marzo, 2017

Charlotte_CooperDo mesmo xeito que ocurre na vida laboral normal, na que unha muller debe traballar entre 79  e 82 días máis que un home para poder cobrar o mesmo, no deporte, e neste caso falamos do tenis, tamén se mantén unha gran diferencia entre o que cobra un deportista e unha deportista. Tampouco axudan as declaracións, das que non se salvan nin xestores nin deportistas.

Neste 8 de marzo do 2017, ainda que moito se leva andado, todavía se manteñen grandes diferencias, ainda que o que pensa un cando lee estas declaracións é o de sempre: ¿quen elixe e manten nestes postos decisorios a xestores con opinións do siglo pasado?.

Podríamos preguntarnos tamén en qué ano comezaron a deixar entrar a xogar ao tenis as mulleres nos clubs, ou cal foi o primeiro torneo no que comezaron a cobrar, se a indumentaria coa que tiñan que xogar era tan cómoda como a que usaban os homes, se as raquetas que usaban se fabricaban adaptadas a o seu peso, altura e potencia de golpeo, cantas horas ou días tiñan pista dispoñible para adestrar, se tiñan adestradores cualificados que as quixeran entrenar ou o máis importante, se a súa familia as apoiaba cando falaban de xogar de xeito profesional… Na imaxen da entrada,  Charlotte Cooper unha das primeiras grandes xogadoras do tenis.

Para rematar adxuntamos un gráfico tomado de El pais, no que se valoran as diferencias todavía existentes entre as ganancias de homes e mulleres nos circuitos femeninos e masculinos do tenis a nivel mundial.

Premios según tipo de torneo WTA / ATP, (US$ millons)
  •  WTA / Circuito femenino (verde oscuro)
  •  ATP / Circuito masculino (verde claro)

el.pais

Posted in Actitudes, día da muller traballadora, Educación Física, Lecturas recomendadas Ed. Física, tenis | Etiquetado: , , | 1 Comment »