deXte: deportes e experiencias educativas

Bitácora do PDC do IES Sánchez Cantón de Pontevedra

Archive for the ‘Liga fútbol sala PDC 16/17’ Category

Final da liga de fútbol sala PDC 16/17

Posted by Paco Carral en 13 junio, 2017

 

O martes 13/6/17 desenvolveuse a final da liga de fútbol sala entre os equipos de CAIMANES – CHACALES, resultando vencedores polo tanteo mínimo de 1 – 0 os primeiros. Os trofeos e as medallas entregadas ao remate do partido aos 2 equipos foron doados pola ANPA O Verxel.  Agradecer a Esteban Pinilla a súa labor no desenvolvemento desta liga 16/17 e ao Orientador, Adolfo Barreiro, o deseño do cartel desta final.

Ligazón ao reportaxe gráfico da actividade

Posted in Actividades fin de trimestre, Eventos, Liga fútbol sala PDC 16/17, Liga futbolsala, PDC, PDC 16-17 | Leave a Comment »

Cartel da final da liga de Fútbol sala PDC 16/17

Posted by crismorcal en 10 junio, 2017

 

Agradecer ao noso orientador Adolfo Barreiro polo excelente cartel que deseñou para a final da liga 16/17 atendendo a solicitude de Esteban Pinilla. O alumnado que queira ampliar a súa estancia no pabellón ata as 12.10, hora a que rematará a entrega de trofeos, deberá falar co seu profesorado para que se anote na sala de profesores e os acompañe na subida as aulas ao remate da actividade.

Ligazón ao cartel colgado no face do insti.

Posted in Liga fútbol sala PDC 16/17, Liga futbolsala, PDC, PDC 16-17 | Leave a Comment »

Xornada 8/5/17 liga fútbol sala PDC 16/17

Posted by Paco Carral en 8 mayo, 2017

O equipo CHACALES clasificouse hoxe para as semifinais logo de disputar o último partido da serie de cuartos contra Team Rocket cun resultado de 3 – 1. Agradecerlles o esforzo do partido e por fin conseguimos unha fotiño deles a equipo completo e na portería do patio.

Posted in Educación Física, Liga fútbol sala PDC 16/17, Liga futbolsala, PDC, PDC 16-17 | Leave a Comment »

Xornada 28/4/17 Liga Fútbol sala PDC 16/17

Posted by alexandreperezgomez en 28 abril, 2017

Disputado partido hoxe entre Gorilas e Caracoles Negritos na liga de fútbol sala PDC 16/17, chegándose ao remate do partido co resultado de empate. Finalmente os penaltis déronlle o paso a seguinte ronda ao equipo de Caracoles Negritos. Noraboa aos 2 equipos polo seu esforzo e bo xogo mostrado ao longo do campeonato.

Posted in Liga fútbol sala PDC 16/17, Liga futbolsala, PDC 16-17 | Leave a Comment »

Xornada 20/4/17 Liga Fútbol sala PDC IES Sánchez Cantón Pontevedra

Posted by alexandreperezgomez en 20 abril, 2017

Na xornada 20/4/17, da liga de fútbol sala do PDC do IES Sánchez Cantón, disputouse o partido entre os equipos de Borussia donut – Gorilas, co resultado final de 1-3, Agradecer ao alumno José Pereira, de 2º Bach D o reportaxe gráfico desta actividade, e ao profesor Cristóbal Moreira, a xestión do calendario e resultados desta 1ª fase da liga que rematou hoxe. O vindeiro luns día 24, no paraninfo, terá lugar o sorteo da seguinte fase, estando convocados os capitáns dos equipos clasificados.

Ligazón ao reportaxe gráfico do partido

Posted in Educación Física, Liga fútbol sala PDC 16/17, Liga futbolsala, PDC 16-17 | Leave a Comment »

Xornada 19/4/17 Liga Fútbol sala

Posted by crismorcal en 19 abril, 2017

Na xornada 19/4/17, da liga de fútbol sala do PDC do IES Sánchez Cantón, disputouse o partido entre os equipos Vigor Patizambo –  Pandatinaikos  co resultado de 2 -0. Reportaxe gráfico: Esteban Pinilla

Ligazón ao reportaxe gráfico do partido

Posted in Educación Física, Liga fútbol sala PDC 16/17, Liga futbolsala, PDC 16-17 | Leave a Comment »

Resultados liga fútbol sala

Posted by crismorcal en 15 marzo, 2017

resultados.liga.fsala.15.3.17

Adxuntamos os Resultados actualizados a 15 de marzo de 2017 da liga de fútbol sala do Proxecto Deportivo de Centro do Sánchez 16/17.

Agradecementos: colaboración da ANPA O Verxel

Posted in Educación Física, Liga fútbol sala PDC 16/17, Liga futbolsala, PDC 16-17 | Leave a Comment »

Liga Fútbol sala PDC 16/17: orlas equipos

Posted by Paco Carral en 20 octubre, 2016

facesala

Na conta de facebook do insti temos subidas as orlas dos equipos participantes que nos remitiron a súa foto. Agradecemos aos capitáns remitan as fotos que poidan faltar canto antes.

Posted in Deportes de equipo, Educación Física, Liga fútbol sala PDC 16/17, Liga futbolsala, PDC, PDC 16-17 | Leave a Comment »

Sorteo liga Fútbol sala PDC. celebrado o xoves 13/10/16

Posted by Paco Carral en 13 octubre, 2016

sorteo

Conforme a convocatoria previa no foro, durante o recreo do xoves 13/10/16 , no paraninfo tivo lugar o tradicional sorteo da liga coa presenza dos capitáns e algúns xogadores As papeletas foron mostrándose unha por unha e anunciando o nome de cada un dos 24 equipos inscritos antes de ilos poñendo na caixa.Cando rematamos, procedeuse a estracción das papeletas e conforme as fomos sacando adxudicamos de xeito ordenado 1 equipo a cada un dos 4 grupos.

Para darlle un aire máis solemne ao evento puxemos a cartulina nun cabalete e utilizamos a megafonía, e sí, puxemos o himno da champions.. Rematado o sorteo pasamos unha foto dos resultados para que os capitáns estén debidamente informados. En breve publicarase o calendario na páxina da liga e do PDC.

 

 

Posted in Educación Física, Liga fútbol sala PDC 16/17, PDC, PDC 16-17 | Leave a Comment »