deXte: deportes e experiencias educativas

Bitácora do PDC do IES Sánchez Cantón de Pontevedra

Archive for the ‘Diversidad funcional’ Category

15/1/19 Boccia e Slalom cadeira de rodas / Amencer Aspace

Posted by maribelgutierrezmatilla en 21 enero, 2019

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

O día 15 de Enero tivo lugar durante o recreo unha fantástica exhibición de Boccia e Slalom sobre rodas, onde os alumnos dos diferentes cursos aproveitaron a ocasión para probar o slalom e con él as dificultades de conducción das sillas de cadeiras.

Foi unha xornada moi interesante para a inclusión por parte dos noso alumnado, o cal descoñecía moito sobre estes deportes.

Actividade organizada dende o Módulo de AFA 2º TSEASD, Prof. Francisco Pérez Carral en coordinación coa Asociación Amencer  Aspace e o Clube TAMIAR de Vigo.

Ligazón a reportaxe gráfico da actividade no google fotos de AFA.

Reportaxe ggráfico Slalom

Reportaxe gráfico Boccia

 

Posted in Diversidad funcional, Educación Física, PDC 18/19, TSEASD | Leave a Comment »

Pablo Cimadevila. Campeón Paraolímpico de Natación

Posted by irenebarreiro en 27 enero, 2017

Onte tivemos o pracer de coñecer persoalmente a Pablo Cimadevila; que ademáis de Campeón Paraolímpico,  un recoñecido deseñador de xoias, e agora tamén YouTuber….pareceunos verdadeiramente un “crack” como persoa.

Agradecémoslle a sua cercanía e todo o que nos ensinou a través das suas experiencias.

20170126_140144

A charla tivo lugar na Biblioteca do IES Sánchez Cantón o 26 de Xaneiro de 12.00 a 14.00 e foi organizada desde o módulo de AF para persoas con discapacidade polas alumnas Lucía Peiteado e Paula Reboredo e baixo a supervisión da profesora Irene Barrero.

http://www.pablocimadevila.es

Posted in Diversidad funcional, Educación Física, Natación, PDC 16-17, TSEASD | Etiquetado: | Leave a Comment »

Actividade Física Adaptada para rapaces con Sindrome de Down

Posted by irenebarreiro en 24 enero, 2017

Esta mañá (martes 24 de xaneiro) de 10.30 a 12.30 no Pavillón de Deportes,  os nosos  alumnos de 2º de TSAAFD  compartiron con algúns integrantes da  Asociación SÍndrome de Down de Pontevedra “Xuntos” ,unha sesión  de actividades físicas adaptadas.

A sesión  foi dirixida por Luís Montes (ao que queremos agradecer a súa disposición e  tempo) e organizada polo alumno Javier Santana coa supervisión da profesora Irene Barreiro  desde o modulo de AF  para persoas con discapacidade.

1485272168044

Podedes ver máis imáxes da actividade premendo na foto.

Posted in Diversidad funcional, Educación Física, PDC 16-17, TSEASD | Leave a Comment »

DisCamino

Posted by irenebarreiro en 18 noviembre, 2016

Este mércores, 16 de novembro, tivemos a honra de contar coa presenza de Javier Pitillas, Gerardo Fernández, Ana Soage, José Varela, David Gil e Javier Fernández, presentándonos o DisCamino;  un proxecto que axuda a persoas con discapacidade a cumprir o seu soño de facer o Camiño de Santiago.

A historia de Discamino comezou en agosto de 2009, cando Gerardo Fernández, un raparigo xordo-cego de Vigo, atreveuse a facer o seu primeiro Camiño de Santiago, acompañado de Javier Pitillas, pedaleando sobre un Copilot, triciclo tándem. Unha vez rematado o camiño  Gerardo pediulle a Javier que buscase máis pesoas con problemas coma él para facer o Camiño durante moitos anos.E ahí foi onde comenzou todo… A día de hoxe DisCamino é un proxecto que non para de crecer, coma demostraron este ano facendo a volta a España.

.A charla, coordinada por Lucía Peiteado (alumna de 2º de TSAAFD) e Irene Barreiro (profesora do módulo de Actividades Físicas para Persoas con Discapacidade), tivo lugar no salón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva e a ela asisitiron os alumnos de 2º de TSAAFD e das Ensinanzas Deportivas de Fútbol e Balonmán.

 

Ademais de proxectar algúns vídeos sobre os trailers dos documentais relacionados co proxecto e de contarnos a suas experiencias, os protagonistas déronnos, a todos os que alí estábamos, unha lección moi importante que é a de que a vida e cuestión de actitude. Se queredes saber máis sobre DisCamino podedes obter máis información na sua páxina. E se queredes, aquí tedes algúns dos vídeos:

Posted in Diversidad funcional, Educación Física, PDC 16-17, TSEASD | Leave a Comment »