deXte: deportes e experiencias educativas

Educación Física e Ciclos no IES Sánchez Cantón de Pontevedra

Día Internacional da Discapacidade 3/12/21

Posted by Fra M. en 3 diciembre, 2021

Con motivo do día Mundial da Discapacidade, o alumnado de 2º do Ciclo TSEASD participou hoxe no evento organizado na Praza de España e á que asistiron as distintas asociacións a nivel provincial. Dentro desta participación, este ano a proposta era subir a redes distintas imaxes con paraguas e frases alusivas á celebración de hoxe. O noso alumnado realizou nestes días a preparación desta actividade deseñando a súa frase, facendo un primeiro cartel e logo realizando a decoración dos seus paraguas, un video coa súa frase e unha foto, todas estas accións se coordinaron coa asistencia ao acto celebrado as 12 h. O alumnado subiu as súas imaxes as redes sociais incluindo o hastag proposto este ano: #ParaugasPolaDiscapa#ParaugasPolaDiscapacidade.

Publicacións no instagram Publicacións no Facebook

O día internacional da discapacidade é un evento presente en distintas publicacións a nivel Mundial. Na ONU este ano falan das estratexias para a inclusión da discapacidade, na páxina da UNESCO falan desta conmemoración anual que foi iniciada no ano 1992, mediante a resolución 47/3 da Asamblea General das Naciones Unidas. No caso da UNESCO adican a semana do 25 de novembro ao 3 de decembro.

Na Xunta de Andalucía atopamos unha páxina moi completa con recursos para a celebración deste día e chamounos a atención este CUADERNO DE ACTIVIDADES INCLUSIVAS PARA CELEBRAR EL 3 de DICIEMBRE.

A todos, pòlíticos incluidos este día debe de servirnos para reflexionar sobre si a sociedade está a facer realmente todo o necesario para que as cidades sexan todavía máis adaptadas e pensadas para todos.

No ámbito reivindicativo, na páxina de AMENCER ASPACE faise eco da petición:

Con motivo del Día de la Discapacidad, Confederación ASPACE se suma al llamamiento que el CERMI ha realizado para modificar el artículo 49 eliminando la expresión “disminuidos” y dando paso al término  “personas con discapacidad”. El CERMI, principal representante de todas las organizaciones de la discapacidad, lleva años realizando esta propuesta que, aunque está cerca de hacerse realidad; todavía no ha alcanzado el consenso necesario por motivos políticos.

Proxecto de reforma aprobado polo Consejo de Ministros o 11/5/21 todavía pendente do trámite necesario de aprobación no Congreso dos Diputados para que a modificación sexa efectiva.

Deja un comentario