deXte: deportes e experiencias educativas

Bitácora do PDC do IES Sánchez Cantón de Pontevedra

8 de marzo: brecha salarial e deporte

Posted by Paco Carral en 8 marzo, 2017

Charlotte_CooperDo mesmo xeito que ocurre na vida laboral normal, na que unha muller debe traballar entre 79  e 82 días máis que un home para poder cobrar o mesmo, no deporte, e neste caso falamos do tenis, tamén se mantén unha gran diferencia entre o que cobra un deportista e unha deportista. Tampouco axudan as declaracións, das que non se salvan nin xestores nin deportistas.

Neste 8 de marzo do 2017, ainda que moito se leva andado, todavía se manteñen grandes diferencias, ainda que o que pensa un cando lee estas declaracións é o de sempre: ¿quen elixe e manten nestes postos decisorios a xestores con opinións do siglo pasado?.

Podríamos preguntarnos tamén en qué ano comezaron a deixar entrar a xogar ao tenis as mulleres nos clubs, ou cal foi o primeiro torneo no que comezaron a cobrar, se a indumentaria coa que tiñan que xogar era tan cómoda como a que usaban os homes, se as raquetas que usaban se fabricaban adaptadas a o seu peso, altura e potencia de golpeo, cantas horas ou días tiñan pista dispoñible para adestrar, se tiñan adestradores cualificados que as quixeran entrenar ou o máis importante, se a súa familia as apoiaba cando falaban de xogar de xeito profesional… Na imaxen da entrada,  Charlotte Cooper unha das primeiras grandes xogadoras do tenis.

Para rematar adxuntamos un gráfico tomado de El pais, no que se valoran as diferencias todavía existentes entre as ganancias de homes e mulleres nos circuitos femeninos e masculinos do tenis a nivel mundial.

Premios según tipo de torneo WTA / ATP, (US$ millons)
  •  WTA / Circuito femenino (verde oscuro)
  •  ATP / Circuito masculino (verde claro)

el.pais

Posted in Actitudes, día da muller traballadora, Educación Física, Lecturas recomendadas Ed. Física, tenis | Etiquetado: , , | 1 Comment »

CLASIFICACIÓN LIGA COLPBOL 1/8 DE FINAL

Posted by maribelgutierrezmatilla en 9 febrero, 2017

Mañá xóganse os últimos partidos de oitavos de final , e o mércores 15 comezaranse xa cos cuartos de final. Esperámosche nos recreos para que aprendas a xogar a este novo deporte e animes aos equipos que se enfrontan!.fase-final-colpbol-1

Agradecementos: colaboración da ANPA O Verxel

Posted in Educación Física, PDC 16-17 | Leave a Comment »

A LIGA DE COLPBOL SIGUE ADIANTE

Posted by maribelgutierrezmatilla en 3 febrero, 2017

Os alumnos do IES Sánchez Cantón continúan coa liga do colpbol. O novo xogo ten unha boa aceptación entre eles, e tódolos mércores e venres continúan os partidos. A clasificación para cartos de final e semifinal remata este mes de Febreiro. Na próxima información se expoñerán os equipos clasficados polo momento.

Agradecementos: colaboración da ANPA O Verxel

Posted in Educación Física | Leave a Comment »

Pablo Cimadevila. Campeón Paraolímpico de Natación

Posted by irenebarreiro en 27 enero, 2017

Onte tivemos o pracer de coñecer persoalmente a Pablo Cimadevila; que ademáis de Campeón Paraolímpico,  un recoñecido deseñador de xoias, e agora tamén YouTuber….pareceunos verdadeiramente un “crack” como persoa.

Agradecémoslle a sua cercanía e todo o que nos ensinou a través das suas experiencias.

20170126_140144

A charla tivo lugar na Biblioteca do IES Sánchez Cantón o 26 de Xaneiro de 12.00 a 14.00 e foi organizada desde o módulo de AF para persoas con discapacidade polas alumnas Lucía Peiteado e Paula Reboredo e baixo a supervisión da profesora Irene Barrero.

http://www.pablocimadevila.es

Posted in Educación Física, Natación, PDC 16-17, TSAAFD | Leave a Comment »

Actividade Física Adaptada para rapaces con Sindrome de Down

Posted by irenebarreiro en 24 enero, 2017

Esta mañá (martes 24 de xaneiro) de 10.30 a 12.30 no Pavillón de Deportes,  os nosos  alumnos de 2º de TSAAFD  compartiron con algúns integrantes da  Asociación SÍndrome de Down de Pontevedra “Xuntos” ,unha sesión  de actividades físicas adaptadas.

A sesión  foi dirixida por Luís Montes (ao que queremos agradecer a súa disposición e  tempo) e organizada polo alumno Javier Santana coa supervisión da profesora Irene Barreiro  desde o modulo de AF  para persoas con discapacidade.

1485272168044

Podedes ver máis imáxes da actividade premendo na foto.

Posted in Educación Física, PDC 16-17, TSAAFD | Leave a Comment »

Semana branca en Andorra 16/17

Posted by Paco Carral en 24 enero, 2017

006f790d-d114-4feb-b3ac-ddc350eb2cf5

O alumnado de 3º e 4º ESO e do Ciclo TSAAFD está a disfrutar nestes días dunha semana branca na estación de Soldeu Tarter en Andorra. Acompañan ao alumnado Eladio Otero e Xosé Luís Janeiro. Engadidas últimas fotos recibidas o 23/1/17. Iremos subindo as fotos que nos vaian remitindo. Ligazón a reportaxe gráfico na nosa conta de facebook do IES Sánchez Cantón de Pontevedra.

Ligazón ao reportaxe gráfico  e ao audiovisual da semana branca do 15/16

Posted in 3º ESO, 4º ESO, Actividades en la naturaleza, Educación Física, Esqui, PDC 16-17, semana branca | Etiquetado: | Leave a Comment »

Torneo Interciclos (alumnos de 1º y 2º de T.S.S.A.F.Y.D contra EE.DD)

Posted by maribelgutierrezmatilla en 22 diciembre, 2016

El día 20 de Diciembre se llevó a cabo el  primer Torneo de fútbol  Interciclos. La experiencia fué inmejorable, ya que los alumnos de ambos ciclos compartieron su pasión por el deporte y el fairplay. Todos los profesores del T.S.S.A.F.Y.D y de los ciclos de EE.DD hicieron posible este encuentro, que fué un ejemplo de la unidad que mantiene el deporte dentro de la socidad y de la enseñanza. Gracias al buen ghacer de todo el mundo podremos repertirlo antes de que cabae el curso

.

Posted in Educación Física, PDC 16-17 | Leave a Comment »

Video da 3ª xornada do Ao Insti en Bici do Sánchez Cantón

Posted by alexandreperezgomez en 8 diciembre, 2016

Aquí tendes o video da 3ª xornada do Ao insti en bici co alumnado de 3º ESOB no que ser realizou a avaliación do alumnado que poderá participar na saída da 4ª xornada sempre e cando traia ese día a súa bici e o casco, pois o último día non eran suficientes as bicis que tíñamos.

Agradecer a Enrique, da Asociación Pedaladas a edición deste e outros videos no seu canle de youtube

Posted in 3º ESO, PDC 16-17 | Leave a Comment »

Insti en bici 3ª sesión 1/12/16

Posted by Paco Carral en 1 diciembre, 2016

dscn1806

O xoves 1/12/16 desenvolveuse a 3ª sesión do programa Insti en Bici para 3º ESO B O programa piloto de movilidade chegou a súa 3ª sesión coa colaboración da Asociación Pedaladas: Enrique, Manolo e Virginia, contando coa colaboración de Ricardo, da Policía Local. A sesión desenvolveuse no patio exterior con distintas estacións nas que o alumnado foi mellorando o seu nivel de dominio da bicicleta, sendo avaliados tamén de cara a valorar o seu nivel de capacidade para acceder a actividade de saída que terá lugar o xoves 15 de decembro. Oganizou a actividade o Dto. de Ed. Física. coordinou Alexandre Pérez Gómez

Ligazón ao reportaxe gráfico

Posted in 3º ESO, Bicicleta e mobilidade, PDC, PDC 16-17 | Leave a Comment »

Calendario de actividades novembro e decembro.

Posted by maribelgutierrezmatilla en 22 noviembre, 2016

Debido á gran aceptación dalgunhas actividades deportivas levadas a cabo no recreo polos alumnos de 1º e 2º de T.S.S.A.F.Y.D establécese o calendario deste mes. Os luns, o xogo libre terá cabida xunto aos campos de four square e un espacio de malabares, onde os alumnos do I.E.S Sánchez Cantón poderán continuar coas novas actividades pola súa conta.  Os mércores e venres, o pavillón estará a disposición dos integrantes na liga de Colpbol. Os alumnos de 2º de T.S.S.A.F.Y.D xunto co profesorado do PDC, axudarán para levar adiante a liga.  O venres 25 de novembro comezará a liga de colpbol.

horarios-pdc

Posted in Educación Física, PDC 16-17 | Leave a Comment »