deXte: deportes e experiencias educativas

Bitácora do PDC do IES Sánchez Cantón de Pontevedra

Archive for the ‘TSAAFD’ Category

“Orientandome nas Esculturas”

Posted by alexandreperezgomez en 1 junio, 2017

Ligazón a reportaxe gráfico da actividade

31/5/17, mércores, desenvolveuse a actividade “Orientandome nas Esculturas”, de 9:00 á 13:40 h. cos grupos de 3 ESO A + PMAR, 3 ESO B, 3 ESO C e 3 ESO D. Coordinou: Alexandre Pérez Gómez e Anxo Gómez García, Organizou: Dto Educación Física, colaborou: Alumnado de 1º TSAAFD, agradecer o trazado de percorrido de Fran e Uxía. Os alumnos dividíronse en 2 grupos, desenvolvendo de xeito rotativo actividades de xogos e orientación. Excelente traballo do alumnado de TSAAFD e excelente coordinación da actividade entre os distintos módulos de TSAAFD. Acompañaron ao alumnado os profesores/as do Dto. de Ed. Física Anxo, Alexandre, Maribel, Irene e Paco. Agradecer o reportaxe gráfico de Anxo

Anuncios

Posted in PDC, PDC 16-17, TSAAFD | Leave a Comment »

Día de Salvamento na praia de Lapaman

Posted by maribelgutierrezmatilla en 16 marzo, 2017

O pasado 2 de Febreiro chevouse a cabo unha actividade cos alumnos de 2º TSAAFD na praia de lapaman. Alí estes comprobaron de primeira man a importancia do rescate nas praias e algunhas probas de salvamento deportivo.

Posted in Educación Física, salvamento, TSAAFD | Leave a Comment »

Pablo Cimadevila. Campeón Paraolímpico de Natación

Posted by irenebarreiro en 27 enero, 2017

Onte tivemos o pracer de coñecer persoalmente a Pablo Cimadevila; que ademáis de Campeón Paraolímpico,  un recoñecido deseñador de xoias, e agora tamén YouTuber….pareceunos verdadeiramente un “crack” como persoa.

Agradecémoslle a sua cercanía e todo o que nos ensinou a través das suas experiencias.

20170126_140144

A charla tivo lugar na Biblioteca do IES Sánchez Cantón o 26 de Xaneiro de 12.00 a 14.00 e foi organizada desde o módulo de AF para persoas con discapacidade polas alumnas Lucía Peiteado e Paula Reboredo e baixo a supervisión da profesora Irene Barrero.

http://www.pablocimadevila.es

Posted in Educación Física, Natación, PDC 16-17, TSAAFD | Leave a Comment »

Actividade Física Adaptada para rapaces con Sindrome de Down

Posted by irenebarreiro en 24 enero, 2017

Esta mañá (martes 24 de xaneiro) de 10.30 a 12.30 no Pavillón de Deportes,  os nosos  alumnos de 2º de TSAAFD  compartiron con algúns integrantes da  Asociación SÍndrome de Down de Pontevedra “Xuntos” ,unha sesión  de actividades físicas adaptadas.

A sesión  foi dirixida por Luís Montes (ao que queremos agradecer a súa disposición e  tempo) e organizada polo alumno Javier Santana coa supervisión da profesora Irene Barreiro  desde o modulo de AF  para persoas con discapacidade.

1485272168044

Podedes ver máis imáxes da actividade premendo na foto.

Posted in Educación Física, PDC 16-17, TSAAFD | Leave a Comment »

DisCamino

Posted by irenebarreiro en 18 noviembre, 2016

Este mércores, 16 de novembro, tivemos a honra de contar coa presenza de Javier Pitillas, Gerardo Fernández, Ana Soage, José Varela, David Gil e Javier Fernández, presentándonos o DisCamino;  un proxecto que axuda a persoas con discapacidade a cumprir o seu soño de facer o Camiño de Santiago.

A historia de Discamino comezou en agosto de 2009, cando Gerardo Fernández, un raparigo xordo-cego de Vigo, atreveuse a facer o seu primeiro Camiño de Santiago, acompañado de Javier Pitillas, pedaleando sobre un Copilot, triciclo tándem. Unha vez rematado o camiño  Gerardo pediulle a Javier que buscase máis pesoas con problemas coma él para facer o Camiño durante moitos anos.E ahí foi onde comenzou todo… A día de hoxe DisCamino é un proxecto que non para de crecer, coma demostraron este ano facendo a volta a España.

.A charla, coordinada por Lucía Peiteado (alumna de 2º de TSAAFD) e Irene Barreiro (profesora do módulo de Actividades Físicas para Persoas con Discapacidade), tivo lugar no salón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva e a ela asisitiron os alumnos de 2º de TSAAFD e das Ensinanzas Deportivas de Fútbol e Balonmán.

 

Ademais de proxectar algúns vídeos sobre os trailers dos documentais relacionados co proxecto e de contarnos a suas experiencias, os protagonistas déronnos, a todos os que alí estábamos, unha lección moi importante que é a de que a vida e cuestión de actitude. Se queredes saber máis sobre DisCamino podedes obter máis información na sua páxina. E se queredes, aquí tedes algúns dos vídeos:

Posted in Educación Física, PDC 16-17, TSAAFD | Leave a Comment »

Four Square

Posted by irenebarreiro en 7 noviembre, 2016

O “FOUR SQUARE”

capturaEsta semana, no pavillón,  comezaron algunhas das actividades alternativas para os recreos que forman parte do PDC, organizadas coa colaboración dos alumnos de TASAFD .

A que vimos presentar hoxe chámase FOUR SQUARE;  un xogo moi coñecido en EEUU. De comezar sendo un xogo popular, coas suas variantes según a zona,  hoxe en día estase xogando en ligas oficiais e establécense os criterios para formalizar un regulamento común.

O que nos conquista deste xogo, ademais do divertido que nos parece, é:
– Por unha banda o fácil que resulta a súa organización (simplemente necesitamos un balón e un xiz ou algo para marcar catro cadrados no chan).
– E por outra, a continua mobilidade dos xogadores, facendo que todos os participantes estean alerta e evitando longas esperas nas quendas para xogar

Os propios alumnos de 1º de TSAFAD explícannos as regras básicas a través do seguinte vídeo:

 

Podedes ver máis información en algunha destas ligazóns:

Posted in 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO, Educación Física, PDC, PDC 16-17, recreos deportivos, TSAAFD | Etiquetado: | 1 Comment »

Taller de malabares

Posted by irenebarreiro en 27 octubre, 2016

cartel-malabaresO vindeiro mes de novembro vén cargadiño de propostas alternativas para os recreos. Entre elas presentamos o taller de malabares que terá lugar todos os luns no pavillón.

A actividade, que forma parte do PDC, será dirixida por alumnos de 1º de TSAFAD e centrarase no manexo das bólas e do diábolo. O taller está aberto para todo aquel que teña ganas de aprender algúns trucos, ademais de traballar a coordinación e por suposto  botarse unhas risas.

Non é necesario apuntarse con antelación (simplemente pasade por alí) e tampouco  levar material. Así que xa sabedes… non tedes escusa!

Posted in 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO, Educación Física, malabarismo, PDC, PDC 16-17, recreos deportivos, TSAAFD | Leave a Comment »

“La Quinta Edad de los Dioses”, 27/11/14

Posted by montseferreira en 30 noviembre, 2014

O pasado 27 de novembro o alumnado de 1º de TAFAD levou a cabo un Xogo de Aventura chamado “La Quinta de los Dioses” no CEIP Froebel. Participaron na actividade o alumnado de 5ºA e 5ºB.

Posted in Didáctica, Eventos, PDC 14-15, TSAAFD, xogos | Leave a Comment »

Xogos con paracaídas, 20/11/14

Posted by montseferreira en 21 noviembre, 2014

O 20 de novembro o alumnado de 1º TAFAD foi ao CEIP Froebel a impartir unha sesión de Xogos con Paracaídas ao alumnado de 2º e 3º de Primaria.

Posted in Didáctica, Eventos, PDC 14-15, TSAAFD, xogos | Leave a Comment »

Bádminton PDC: partido exhibición 25/11/2013

Posted by Paco Carral en 26 noviembre, 2013

IMG_0528Desenvolveuse o luns 25/11/13, as 11. 30 h. dentro do Programa Deportivo de Centro 2013-14 un partido de Bádminton exhibición no pabellón. Na exhibición participaron por invitación do profesor do Módulo de Deportes de Implemento Angel Gómez García as xogadoras: Eva Murio Moure, alumna do noso centro e Sara Bouzas Rico, estudiante de CCAAFF no INEF de Pontevedra. Agradecer a participación das excelentes xogadoras que amosaron un excelente nivel de xogo. Asistiu o alumnado de TSAAFD e o alumnado participante no taller de bádminton do PDC. Lee el resto de esta entrada »

Posted in Bádminton, Educación Física, PDC 13-14, TSAAFD | Leave a Comment »