deXte: deportes e experiencias educativas

Bitácora do PDC do IES Sánchez Cantón de Pontevedra

PDC e convivencia escolar

Posted by peplijo en 17 mayo, 2014

je.pepe

Xa vai de varias reunións nas que intercambiando opinións sobre o Programa Deportivo de Centro comentouse o impacto positivo que pode chegar a ter na convivencia do centro. En lineas xerais á idea é a seguinte:

Na maioria dos centros en Galicia tense presente a lei  4/2011 que regula a convivencia escolar. O problema real co que nos encontramos é que inda que se poida aplicar, na práctica as medidas son mais de caracter pasivo que activo, pois a necesidade real dun observatorio de convivencia ou outros instrumentos de mediación pasan mais pola voluntariedade do persoal que pola propia dispoñibilidade de horas das que dispoña o centro.

Cando empezamos a andaina das diversas actividades quedou pendiente ver se a finais de curso as incidencias que se viñan recollendo en cursos anteriores nos recreos se volvian a repetir tendo a parte do alumnado enredado en diversas actividades. A situación do centro é a seguinte: con mais de 900 alumnos e alumnas os focos principais de reunión dos mesmos tradicionalmente viñan sendo a cafetería con mais de 200 alumnos que pasan por ela todolos días, a biblioteca con outros 200 alumnos e alumnas que permanecen en ela ou ben todo o recreo (en torno a uns 80-100) ou ben de maneira itinerante (100-120). O resto do alumnado repartiase polos diversos andares do centro e polo patio, sen olvidar tamen que o alumnado de bacharelato acostuma a non permanecer no centro no tempo de lecer. Esto quere dicir que en torno a uns 200-300 alumnos non tiñan unha ocupación real na que pasar o tempo no recreo e xuntase tamén que moitos dos que están en outras zonas itineran entre un lugar e outro. A realidade amosa que o final sempre habia algún alumno ou alumna que acaba mostrando conductas contrarias á convivencia: ou ben un empurron ou calquer enganchada cos compañeiros ou compañeiras.

A práctica no presente curso 2013/14 revelanos que boa parte do alumnado desocupado nos recreos agora encontrou unha actividade ca que enredar no tempo de lecer. Algunhas con mais reclamo que outras (o día de Zumba foi o exemplo de como deberan ser todolos recreos, en cambio é verdade que outras actividades non teñen o mesmo tirón) o certo é que boa parte do alumnado se involucrou a diversos niveis. O impacto na convivencia que é o que intentamos reflexar, tamén foi positivo, reducindose nos recreos as conductas contrarias á mesma.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

 
A %d blogueros les gusta esto: