deXte: deportes e experiencias educativas

Bitácora do PDC do IES Sánchez Cantón de Pontevedra

PDC: Xornada de xogos tradicionais

Posted by anxogo en 16 mayo, 2014

IMG_8035

XORNADAS DE XOGOS TRADICIONAIS NO IES SÁNCHEZ CANTÓN
O alumnado do noso centro que cursa o 1º ano de Técnico Superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas (TSAAFD), como traballo avaliable dentro do Módulo de Xogos e Actividades Físicas de Animación, preparou, dirixiu e dinamizou esta actividade para o resto de compañeiros do instituto.Os xogos tradicionais escollidos por eles para esta ocasión foron: as chapas, a chave, a ra, a corda, o aro con guiador, os birlos e a mariola. Todos eles distribuídos polas pistas exteriores do centro.
Durante as dúas primeiras xornadas, os recreos do mércores 14 e o xoves 15 de maio, todo alumnado estaba convidado a participar e probar os xogos que quixeran; sen ningunha outra finalidade que a de pasalo ben e coñecer a nosa cultura a través do xogo.
Para a última xornada, o recreo do venres 16 de maio, deseñaron unha competición, na que todos e todas as que quixeran participar debían levar unha folla de control cos seus datos, e intentar superar cada unha das probas que había en cada un dos sete xogos. No momento que se conseguía superar unha desas probas, o alumno/a recibía un sinal (gomet) na súa folla de control, pasando a facer outra das probas de outro xogo, así ata completar o maior número de probas durante os primeiros 25 minutos do recreo.
A participación nas tres xornadas foi alta, …e ata puidemos ver a algún profesor atreverse con algún xogo. De seguro que vai ser unha actividade que volveremos a ter no noso centro nos vindeiros cursos.
Agradecer ao alumnado de 1º de TSAAFD o seu traballo e a súa implicación no desenvolvemento desta iniciativa. E felicitar a Alberto Carrera Salgado (2º ESO A), Alexandre Castro Rodríguez (4º ESO B) e Manuel Suárez Arosa (1º ESO C) que foron os gañadores dos premios da competición celebrada na última xornada.
O noso patrimonio tamén se coida xogando!

IMG_8043 IMG_8042

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

 
A %d blogueros les gusta esto: