deXte: deportes e experiencias educativas

Bitácora do PDC do IES Sánchez Cantón de Pontevedra

PDC: Insti en bici o xoves 8/5/2014

Posted by Paco Carral en 3 mayo, 2014

instienbiciInformaros de que o vindeiro xoves día 8 de maio entre as 11.30 e as 13.15 h. terá lugar unha marcha escolar en bicicleta organizada polo Axuntamento dentro da campaña Insti en bici, unha iniciativa que pretende fomentar o uso da bicicleta entre os escolares e que o Dto. de Ed. Física promove dende o Programa Deportivo de Centro. O alumnado do Sánchez sairá as 11.30 h, recollendo a bicicleta no pabellón e seguindo as instruccións do profesorado, no desprazamento ata o IES Valle Inclán, dende donde baixaremos co acompañamento da Policía Local, ata o IES A Xunqueira para iniciar o percorrido duns 6 – 7 km xunto co resto de participants doutros centros con saída na entrada da Illa das Esculturas cerca do FP da Xunqueira e chegada na Peregrina conforme ó plano adxunto que nos pasou a Policía Local

Durante o percorrido da marcha a organización ten previsto que vaia unha moto da Policía Local diante e outra ó final.

O alumnado interesado en participar deberá entregar o martes día 6 ás 11.30 h. a autorizaciónna vicedirección a través do seu delegado de curso. As autorizacións poden ser recollidas na conserxería na tarde do luns día 5 de maio a través dos delegados que entregarán un parte de aula coa relación de alumnado participante de cada curso. O parte lles será entregado xunto co cartel de aula na tarde do luns nas aulas.

Para a participación nesta actividade o alumnado debe traer bicicleta e casco o día da actividade. As bicis pódense gardar o xoves 8 no pabellón as 9.00 h. Os conserxes abrirán a porta exterior do pabellón as 9.00 h. Tamén volveranse a gardar no pabellón ó remate da marcha e ata a hora de saída. O mércores confirmarase o listado de participantes e se vos darán instruccións por escrito a través dos vosos delegados.

Convén levar parches, desmontable, cámara de reposto, bombín e auga, así como algo de froita ou bocadillo para tomar ó remate da actividade.

Organiza: Dto Educación Física / Vicedirección dentro do Programa Deportivo de Centro.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

 
A %d blogueros les gusta esto: