deXte: deportes e experiencias educativas

Bitácora do PDC do IES Sánchez Cantón de Pontevedra

Atletismo: 1967 – 1984 a muller na historia da maratón, a ley Scheiss. 8 de marzo, día da muller traballadora

Posted by Paco Carral en 8 marzo, 2014

Ainda que o deporte parece unha actividade libre e as probas populares son precisamente eso, unha festa da participación donde todo o mundo ten cabida, esto non foi sempre así. Se nos remontamos ó ano 1967, podremos ver a Kathrine Switzer rompendo cunha tradición de 70 anos e sendo a primeira muller en correr a maratón de Boston. Naqueles tempos a muller viña recorrendo un camiño moi duro no referido a todo tipo de reivindicacións necesarias e xustas que se atopaban coa opinión machista que frecuentemente e sen razóns de ningún tipo lles facían quedar fora do que se consideraba patrimonio exclusivo do home.

No ano 1975 permitiuse de xeito oficial a participación das mulleres na maratón de Boston e na Olimpiada de Los Angeles 1984 celebrouse a primeira maraton olímpica para as mulleres. Foi precisamente a chegada da maratón femenina desta olimpiada donde se viviu unha das chegadas máis famosas e emotivas na historia do atletismo. A corredora Gabriele Andersen – Scheiss, acadou o posto 37 de 44 participantes que remataron esa carreira, pero foi precisamente a súa chegada a que arrancou máis aplausos e emoción. A primeira clasificada desa edición fora a gran atleta Joan Benoit, pero Gabriele coa súa actitude de rechazo da axuda dos servicios médicos que intentaron en varias ocasións axudala e descalificala (por aquel tempo era así), motivou o apoido do público cuns aplausos que a axudaron a finalizar uns eternos últimos 100 metros que pasarán á historia dos Xogos Olímpicos. A partir desta olimpiada, redactouse a ley Scheiss, pola cal xa non se sanciona a ningún participante (home ou muller) por ser atendido polos servicios médicos durante unha carreira.

Vemos nestas duas historias paralelas como hai un elemento común que é a loita polos dereitos da persoa máis alá das barreiras normativas e lexislativas implantadas por unha sociedade machista e inxusta coa muller. A ley Scheiss foi unha conquista de 2 mulleres. A primeira loitou por correr unha carreira que era solo para homes e a outra loitou por poder finalizala, rexeitando a axuda daqueles xuices que moitas veces, en tempos anteriores cumprian a función de impedir a participación das mulleres.

Enlaces:

Entrevista a K. Switzer

Entrevista a Gabriele Andersen – Scheiss

¿Sabedes canto tempo tardou Gabriele en volver a participar noutra carreira?

Joan Benoit: como preparar unha maratón

Publicado con motivo do día da muller traballadora,  entrada adicada a Marián Costa Giráldez.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

 
A %d blogueros les gusta esto: