deXte: deportes e experiencias educativas

Bitácora do PDC do IES Sánchez Cantón de Pontevedra

Semana branca 1º Ciclo ESO en Valgrande Pajares 2014

Posted by Paco Carral en 23 febrero, 2014

Entre os días 10 e 14 de Febreiro desenvolveuse a semana branca para 1º ciclo ESO. A estación elexida este ano foi Valgrande Pajares, estación pertencente ó Principado de Asturias e moi apropiada para a iniciación. A estancia foi no Albergue – Hotel Toribión. Os 32 participantes, 22 rapazas e 10 rapaces, disfrutaron de 2 horas diarias de clases de esquí, así como esquí libre en grupos, Desenvolvéronse ademáis outras actividades como a visita ó MUMI, a Gynkana en Villamanín , a actividade de trineos e sartenes e as actividades de animación que ocuparon os ratos de lecer. A actividade contou como nos últimos anos coa subvención da ANPA e colaboración na organización da Asociación de alumnos Aletheia.O alumnado acadou un moi bo nivel de esquí pois a pesares de que o as previsións de tempo iniciais non eran moi boas para a semana, os alumnos esquiaron todos os dias. Acompañaron ó alumnado os profesores Mercedes Sans Boga e Francisco Pérez Carral, así como o técnico en animación Iago Hervella Pérez, da empresa Ayuko, quen animou os ratos de lecer  e de esquí dos rapaces con distintas actividades moi entretidas e sempre con moi boa disposición. Agradecer ó alumnado participante nesta actividade a seu talante participativo, capacidade de convivencia e o seu excelente comportamento. Estamos seguros de que esta actividade os fixo máis independentes e maduros en moitos aspectos, e aprender cousas que lles animarán a buscar outras formas de aproveitar o seu tempo de lecer no futuro. Agradecer a Charo Sánchez- Gabriel a excelente presentación con fotografías subida ó Canal de Youtube e a presentación na páxina do Sánchez Cantón.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

 
A %d blogueros les gusta esto: