deXte: deportes e experiencias educativas

Bitácora do PDC do IES Sánchez Cantón de Pontevedra

PDC: OS COLABORADORES

Posted by enriquereyrodriguez en 16 enero, 2014

 

COLABORADORES

Coa intención de darlle unha volta ao proxecto e implicar doutro xeito á comunidade educativa, xurdiu a idea de crear a figura dos “colaboradores”.

Estes colaboradores son alumnado do centro que cursa 1º de Bacharelato. A razón de vinculalo a este curso é que deste xeito permítenos traballar obxectivos fixados na área de Educación Física fora da aula como serían:

Organizar e participar en actividades físicas como recurso para ocupar o tempo libre e de lecer, valorando os aspectos sociais e culturais asociados.

Coñecer, organizar e practicar xogos motores e actividades deportivas, adaptadas aos intereses do alumnado, ás instalacións do centro e aos recursos materiais dispoñibles, dando prioridade á toma de decisións e aplicando recursos técnicos aprendidos nas etapas anteriores.

Por outra banda temos que ser consciente que neste momento da súa etapa formativa as cualificacións obtidas serán fundamentais para escoller a carreira universitaria o cal marcará o seu futuro. Por todo isto decidimos que este alumnado colaborador optara a consecución dun punto extra, o cal non prexudicaría ao resto do alumnado. Deste xeito aqueles alumnos que teñan un menor rendemento físico ou os que queiran afianzar a súa nota terán a posibilidade de ter un complemento á mesma.

No plano organizativo a función dos colaboradores será fundamental, posto que se encargarán de levar o día a día dos torneos escolares no recreo; a súa organización, a exposición nos taboleiros informativos dos partidos e clasificacións, a comunicación das distintas incidencia así como a arbitraxe e dinamización dos mesmos.

 

Somos conscientes da complexidade do que se lles pide, mais confiamos no seu bo facer. Unha posibilidade de cara a vindeiros cursos sería a de implicar ao alumnado do TSAAFD de xeito máis activo nesta organización e en todo o Proxecto Deportivo en xeral.

 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

 
A %d blogueros les gusta esto: