deXte: deportes y experiencias educativas

Bitácora de aula de Educación Física

PDC: Sesión de Zumba no Pabellón: 11/4/14

Publicado por Paco en 9 abril, 2014

2014-04-09 12.02.32

A sesión de Zumba foi a de máxima participación dende o inicio do curso, contando coa participación de alumnas e alumnos de todos os cursos. O Zumba é unha especialidade en auxe actualmente e na que se combinan aspectos tan importantes como o ritmo, a coordinación e a resistencia. A nosa alumna de 1º TSAAFD Carla Novoa é Técnico oficial desta disciplina.

Publicado en PDC | Leave a Comment »

Charla – taller con Pradosurf o luns 7/4/2014

Publicado por Paco en 7 abril, 2014

 

2014-04-07 11.44.15

O taller contou coa participación dun grupo de alumnas e alumnos do centro que atenderon ás explicacións dos técnicos de Pradosurf.
O surf é unha especialidade en auxe actualmente e na que se combinan aspectos tan importantes como o equilibrio, a coordinación e a percepción de sensacións de deslizamento no medio acuático moi gratificantes. O lugar no que practicarán os que se animen a probar a oferta plantexada por esta empresa será a praia de A Lanzada. Esperemos que no seu bautismo de surf conten cunha boa metereoloxía.

Enlace a unha presentación  multimedia da actividade

Publicado en Actividades en la naturaleza | Etiquetado: | Leave a Comment »

PDC: exhibición de kárate o venres 14/3/2014

Publicado por Paco en 17 marzo, 2014

IMG_7925As 11.30 no pabellón do Instituto Sánchez Cantón de Pontevedra

A exhibición de kárate contou coa participación de Iria Pérez e Diego Anguita, 2º e 1er dan de karate respectivamente, pertencentes ó Ximnasio Shotokan de Vigo e Asociación Deportiva Zanshin de Vigo. A exhibición constou dunha demostración de varias katas de nivel alto e varios traballos por parella, xunto cunha simulación de combate e unha demostracion dunha kata de kobudo, especialidade do Kárate consistente nunha exhibición con armas.
Enlace á presentación con fotografías da actividade

Publicado en Educación Física, Eventos, PDC | Etiquetado: , | Leave a Comment »

Día Europeo de Prevención del Riesgo Cardiovascular: 14 de Marzo

Publicado por Paco en 14 marzo, 2014

cardiovascularO 80% dos infartos evitaríanse cun control axeitado dos factores e risco cardiovascular clásicos e doutros descritos nos últimos anos. Así o advirten con motivo do 14 de marzo, Día Europeo de Prevención del Riesgo Cardiovascular, as distintas organizacións científicas como a Sociedad Española de Cardiología (SEC), a Fundación Española del Corazón (FEC) e outras. A continuación descríbense cales son os factores de risco cardiovascular tradicionais que hai que controlar e o papel da contaminación ambiental e os suplementos do calcio na saúde do corazón.

Consumer Erosky

Publicado en Educación Física, Salud | Etiquetado: , | Leave a Comment »

Atletismo: 1967 – 1984 a muller na historia da maratón, a ley Scheiss. 8 de marzo, día da muller traballadora

Publicado por Paco en 8 marzo, 2014

Ainda que o deporte parece unha actividade libre e as probas populares son precisamente eso, unha festa da participación donde todo o mundo ten cabida, esto non foi sempre así. Se nos remontamos ó ano 1967, podremos ver a Kathrine Switzer rompendo cunha tradición de 70 anos e sendo a primeira muller en correr a maratón de Boston. Naqueles tempos a muller viña recorrendo un camiño moi duro no referido a todo tipo de reivindicacións necesarias e xustas que se atopaban coa opinión machista que frecuentemente e sen razóns de ningún tipo lles facían quedar fora do que se consideraba patrimonio exclusivo do home.

Leer el resto de esta entrada »

Publicado en Atletismo, día da muller traballadora, Educación Física, Tarea de ampliación | Etiquetado: , , , , , , , | Leave a Comment »

Semana branca 1º Ciclo ESO en Valgrande Pajares 2014

Publicado por Paco en 23 febrero, 2014

Entre os días 10 e 14 de Febreiro desenvolveuse a semana branca para 1º ciclo ESO. A estación elexida este ano foi Valgrande Pajares, estación pertencente ó Principado de Asturias e moi apropiada para a iniciación. A estancia foi no Albergue – Hotel Toribión. Os 32 participantes, 22 rapazas e 10 rapaces, disfrutaron de 2 horas diarias de clases de esquí, así como esquí libre en grupos, Desenvolvéronse ademáis outras actividades como a visita ó MUMI, a Gynkana en Villamanín , a actividade de trineos e sartenes e as actividades de animación que ocuparon os ratos de lecer. Leer el resto de esta entrada »

Publicado en 1º ESO, 2º ESO, Actividades en la naturaleza, Aletheia, Educación Física, Esqui | Etiquetado: , , | Leave a Comment »

PDC 2013-14: actividade venres 20/12/2013

Publicado por Paco en 20 diciembre, 2013

IMG_0604

Actividade deportiva fin de trimestre para a ESO o venres 20/12/2014 de 9.00- 11.30 h.

Con motivo do último día de actividades lectivas do 1º trimestre, o venres día 20 de decembro desenvolveuse dentro do Programa Deportivo de Centro unha actividade multideportiva consistente en talleres e competicións nos deportes de Bádminton, Patinaxe, Tenis de mesa, Baloncesto e Fútbolsala para o alumnado da ESO entre as 9.00 e as 11.30 h. Contamos coa colaboración de Enrique, Anxo, Telmo, Montse, Tere, Pepe e Paco e nas labores de animación colaborou o alumnado de 1º TSAAFD. Agradecer tamén a todos os profesores e profesoras que baixaron ó alumnado ó pabellón e ó patio colaborando nas gardas correspondente para o bo desenvolvemento das actividades. Había tempo que non se facía unha actividade deportiva como peche de trimestre e era xa tempo de retomalo.

Enlace á presentación coas fotografías da xornada.


Publicado en Bádminton, Educación Física, PDC | Etiquetado: , , | Leave a Comment »

Bádminton PDC: partido exhibición 25/11/2013

Publicado por Paco en 26 noviembre, 2013

IMG_0528Desenvolveuse o luns 25/11/13, as 11. 30 h. dentro do Programa Deportivo de Centro 2013-14 un partido de Bádminton exhibición no pabellón. Na exhibición participaron por invitación do profesor do Módulo de Deportes de Implemento Angel Gómez García as xogadoras: Eva Murio Moure, alumna do noso centro e Sara Bouzas Rico, estudiante de CCAAFF no INEF de Pontevedra. Agradecer a participación das excelentes xogadoras que amosaron un excelente nivel de xogo. Asistiu o alumnado de TSAAFD e o alumnado participante no taller de bádminton do PDC. Leer el resto de esta entrada »

Publicado en Bádminton, Educación Física, PDC, TSAAFD | Leave a Comment »

Bádminton PDC: adestramento do remate

Publicado por Paco en 25 noviembre, 2013

Estos dias no recreo dentro das actividades do PDC (programa deportivo de centro) implantado neste curso 2013-14, observamos os profes que o remate e un dos golpes que máis difícil resulta para todos. Aquí tendes este exemplo de exercicio de adestramento para o remate que podemos realizar para a nosa mellora. Fixádevos como realizan o golpeo e o máis importante:  o momento axeitado para facelo.

Publicado en Actitudes, Bádminton, PDC, recreos deportivos | Etiquetado: , , , , | Leave a Comment »

Bádminton PDC: golpes básicos

Publicado por Paco en 20 noviembre, 2013

Dentro da actividade do Programa Deportivo de Centro a desenvolver este ano, iniciamos unha serie de entradas no blog sobre este deporte que tanto éxito está a ter a nivel interno nas actividades do recreo. Vos propoñemos visualizar este video sobre iniciación ó bádminton donde poderedes ver en primeiro lugar como agarrar a raqueta e a continuación unha serie de secuencias donde se vos explican os distintos golpes básicos en bádminton: serve shot (saque alto, saque curto de dereito e de revés, saque flick de dereito e de revés), Clear, drop, smash, drive, lifting shot e backhand shot (golpe de revés). Vos deixamos co video, esperamos que vos sexa útil.

Publicado en Bádminton, PDC | Etiquetado: , , | Leave a Comment »

 
Seguir

Recibe cada nueva publicación en tu buzón de correo electrónico.